Doce xornadas de debates, charlas e dinámicas de grupo sobre as posibilidades da comunicación como ferramenta para o cambio social

Unha formación para quen desexe mellorar as súas prácticas comunicativas aplicadas ao sector social, xornalístico ou da produción audiovisual

Dende a ONGD AGARESO propomos esta formación para quen desexa mellorar as súas prácticas comunicativas aplicadas ao sector social, xornalístico ou da produción audiovisual.

Durante as doce sesións que abarca o curso, traballaremos  sobre catro alicerces de contido: o discurso do odio, LGTBIQ+, medioambiente e migracións.


O alumnado da UVigo obterá créditos (aínda por definir) pola participación no curso.

Ademais, de maneira gratuíta, dúas das persoas participantes poderán realizar unhas prácticas en terreo  durante unha semana para completar a súa formación. No vídeo que acompaña a este texto podedes ver un resumo da viaxe a Senegal co alumnado da duodécima edición.

Aínda que o fío condutor é a comunicación, non é necesario ter formación específica neste ámbito, xa que se terán en conta os distintos perfís profesionais das persoas asistentes para conformar os grupos de traballo. Para máis información e inscricións, podes contactarnos en accion.social@agareso.org ou no 626 41 95 02 (Antonio Grunfeld)

A inscrición está aberta até o 15 de febreiro de 2024

Resumo da información máis relevante

  • Curso de 48 horas presenciais (12 sesións de 4h).
  • Do 26 de febreiro ao 20 de marzo.
  • Todos os luns, martes e mércores de 15h a 19h, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo, en Pontevedra.
  • A cota de inscrición é de 150 € (presencial) u 120€ (online).
  • Na modalidade online, poderase asistir ás conferencias en directo ou en diferido, pero non habrá posibilidade de asistir ás sesións das dinámicas de grupos dos mércores.
  • O curso está destinado preferentemente a activistas, persoal técnico e voluntariado de organizacións sociais, estudantes e profesionais da comunicación, profesorado, profesionais e estudantes dos medios de comunicación.
  • O alumnado que entregue un traballo individual e outro grupal, optará a unhas prácticas de unha semana con todos os gastos cubertos.
Anna Surinyach – Fotoxornalista e editora da revista 5W
Afropoderossa-Activista antirracista e escritora
Luis Miguel Domínguez-Divulgador ambiental
Bárbara G. Vilariño – Xornalista e activista polos dereitos LGTBIQ+

Resumo das sesións no curso 2023

Xornada 1 |Módulo 1| Discurso do Odio | Intro
Introdución do curso e primeira sesión cunha mesa redonda de persoas que sufriron o discurso do odio de primeira man. Podes coñecer algunha delas neste vídeo.

Xornada 2 |Módulo 1| Discurso do Odio | Afropoderossa
Activista antirracista con mais de 400k en Tik Tok, autora de “España no es solo blanca”.

Xornada 3 | Módulo 1| Discurso do Odio | Ferramentas do Cambio
Xornada de traballo en grupo para debatir e reflexionar sobre as posibles maneiras de combatir o discurso do odio. Falaremos da educación para o desenvolvemento e coñeceremos tamén as ferramentas do vídeo participativo e a radio educativa.

Xornada 4 | Módulo 2| LGTBIQ+ | LGTBIfobia
Relatorías a cargo de Ana M. Amigo e Xandre Garrido sobre o contexto actual da LGTBIfobia e como evolucionou a representación do colectivo a nivel xeral na comunidade galega.

Xornada 5 | Módulo 2| LGTBIQ+ | Comunicar a diversidade
Primera relatoría con Bárbara Vilariño sobre o tratamento informativo da identidade de xénero e orientación sexual. E segunda sesión con  Daniela Ferrández sobre a importancia de coñecer e recuperar a memoria LGBT.

Xornada 6 | Módulo 2| LGTBIQ+ | AGARESO
Xornada de traballo en grupo para debatir e reflexionar sobre a comunicación do colectivo LGTBIQ+. Mesa redonda con algunhas persoas que sufriron a LGTBIfobia de primeira man. Podedes coñecer algunhas delas  neste vídeo.

Xornada 7 | Módulo 3| Medioambiente | Luis Miguel Domínguez
Uno de los mayores exponentes de la defensa de la naturaleza en España, nos hablará sobre la importancia de la divulgación ambiental en los Medios de Comunicación.

Xornada 8 | Módulo 3| Medioambiente | Activismo ambiental
Relatoría de Amigas da Terra Galicia, e mesa redonda con defensoras do territorio chegadas dende Honduras.

Xornada 9 | Módulo 3| Medioambiente | O Documental
Relatoría de Antonio Grunfeld sobre as posibilidades do documental como ferramenta de cambio.

Xornada 10 | Módulo 4| Migracións | Anna Surinyach
A fotoxornalista e editora da revista 5W  falará da súa experiencia a la hora de cubrir os movementos de persoas.

Xornada 11 | Módulo 4| Migracións | Acción Social
Relatoría de Patricia Macías, técnica na Fundación porCausa, ONG especializada en comunicar as migracións.

Xornada 12 | Módulo 4| Migracións | Peche e presentación dos traballos
Xornada de traballo en grupo para debatir e reflexionar sobre a comunicación dos movementos migratorios.

 

O Curso de especialización Comunicar para o Cambio é unha actividade do proxecto Xeración Contrainfo financiado pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega e do proxecto “Como contribuir a un mundo máis xusto dende a comunicación” financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interés xeral para fines de carácter social con cargo a asignación tributaria do IRPF.