Quen somos

Quen somos

Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social. O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir a Transformación Social, principalmente a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social.

Creada en maio de 2008, AGARESO defínese como unha organización non gobernamental de desenvolvemento laica, comprometida politicamente pero apartidista. Estamos convencidas e convencidos de que a comunicación é unha disciplina imprescindible cara a unha reflexión social colectiva, o empoderamento dos individuos/as, a defensa dos dereitos humanos e o desenvolvemento dos pobos. Os seus integrantes están comprometidos co deseño, a produción, realización e difusión de proxectos de cooperación  que contribúan á creación dunha cidadanía máis crítica e capacitada para a loita contra a desigualdade global.

E neste momento ten 9 integrantes na Xunta Directiva e 6 persoas asalariadas. Ningún dos integrantes do órgano de dirección comparten cargos ou postos nunha misma institución política, sindical ou da administración pública fóra de Agareso.

ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

Xunta Directiva

Presidenta

Rocío Cadahía

Vicepresidente

Óscar Dacosta

Secretario

Luis Pardo

Tesoureiro

Antonio Grunfeld

Vogal

Xes Chapela

Vogal

Juan de Sola Vollbrecht

Vogal

Pablo Santiago

Vogal

Lucía Rodríguez Peña

Vogal

Émerson Díaz

Dirección Técnica

Coordinadora

Lorena Seijo

Técnica de proxectos

Sonia Díaz

Técnico de EpD

Roi Guitián

Técnica de EpD

María Lobo

1. Misión

AGARESO ten o obxectivo de actuar contra as causas estruturais de pobreza a través da promoción da comunicación como ferramenta de transformación social que contribúa á defensa e protección dos dereitos humanos. Para iso promovemos proxectos de desenvolvemento que favorezan o empoderamento comunitario como vía de desenvolvemento endóxeno dos pobos e o fortalecemento da sociedade civil a través da educación en valores e a sensibilización.

2. Visión

Traballamos para contribuír a xerar cambios reais e positivos na sociedade a través da cooperación, a comunicación e a educación para o desenvolvemento, a sensibilización e a acción social. Para iso, empregamos profesionais en cooperación, fomentamos a formación de técnicos en desenvolvemento, promovemos o voluntariado entre a sociedade civil e levamos a cabo prácticas que responden os valores e á misión da entidade.

3. Valores

Cremos na Xustiza como núcleo universal para promover o desenvolvemento e a dignidade humana no pleno exercicio de todos e cada un dos dereitos humanos.

Cremos na Solidariedade entendida como a responsabilidade que todos e todas compartimos respecto da situación das persoas máis vulnerables e desfavorecidas e que nos impulsa a actuar para transformar a realidade así como apoiar e fomentar os procesos de empoderamiento e mobilización doutros colectivos.

Cremos na Participación da sociedade e de todos os colectivos nos procesos de transformación social valorando o coñecemento local dos pobos aos que nos diriximos e construíndo relacións igualitarias baseadas na confianza e o respecto mutuo.

Cremos no Integridade cara a todas as persoas como seres humanos dignos e con dereito a vivir nunhas condicións adecuadas para o seu desenvolvemento individual e colectivo.

Cremos na Equidade como punto inicial para alcanzar a igualdade entre mulleres e homes, e de todos os pobos e colectivos, loitando contra a discriminación e a exclusión.

Cremos na Diversidade como parte do patrimonio común da humanidade e como elemento esencial para o enriquecemento do ser humano.

Cremos na Paz como valor esencial para o desenvolvemento do ser humano e o goce dos seus dereitos, entendendo a paz dunha forma holística, un estado de harmonía da persoa consigo mesma, dos colectivos, os grupos e nacións, así como coa natureza

E compartimos e aplicamos o Código de Conduta da CONGD

Obxectivos

  1. Actuar contra as causas estruturais da pobreza e propiciar o desenvolvemento social dos pobos partindo das súas necesidades, respectando a súa identidade cultural e a igualdade de xénero, garantindo a súa participación en todo o proceso
  2. Promover no noso ámbito de influencia actividades de sensibilización e educación para a democracia, a xustiza social, a paz e a solidariedade cos países empobrecidos
  3. Organizar, formar e apoiar ao voluntariado para que traballe en conseguir estes obxectivos, tanto en países empobrecidos como en España
  4. Potenciar a educación, a formación e a reciclaxe dos profesionais da comunicación no tratamento e elaboración de informacións de carácter social, e ampliar á súa visión na abordaxe diaria de información sobre estas temáticas, independentemente do medio no que traballen, aplicando os códigos éticos e regulacións específicas.
  5. Promover a comunicación como unha ferramenta indispensable no ámbito do Terceiro Sector, a través da formación, o traballo en rede e a procura de sinerxias
  6. Alcanzar estes obxectivos a través dunha estratexia feminista, onde a igualdade de xénero é a variable transversal fundamental no desenvolvemento das nosas accións e proxectos.

Actividades e proxectos

AGARESO desenvolve intervencións nos seguintes ámbitos:

Cooperación. Execución de proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento en países do Sur, tales como fortalecemento de radios e canles de televisión comunitarias, creación e formación de redes de informadores locais e formación de profesionais do sur en comunicación e apoio a labores de incidencia política e social.

Educación para o Cambio Social. Deseño e execución de proxectos de ED que empreguen as ferramentas de comunicación para reforzar a reflexión, a conciencia crítica e o discurso sobre as temáticas da ED, e que ao mesmo tempo axuden a crear os seus propios discursos aos colectivos beneficiarios e a formar ao profesorado en técnicas innovadoras de aprendizaxe.

Acción Social. AGARESO pon especial énfase no traballo con colectivos en risco de exclusión social para que a través da comunicación sexan capaces de empoderarse, elaborar o seu propio discurso e loitar polos seus dereitos. 

Sensibilización e Visibilización. A través de campañas de comunicación, realización de materiais de difusión sobre a desigualdade global e co apoio á difusión dos resultados dos proxectos, AGARESO pretende incidir na sociedade galega sensibilizándoa sobre a necesidade loitar contra a inxustiza social e a pobreza, ao mesmo tempo que se visibiliza a necesidade de seguir apostando pola Cooperación ao Desenvolvemento. 

    Ningún dos membros do órgano de goberno ostenta cargos nunha mesma institución (partido político, sindicato, grupo empresarial, congregación religiosa ou administración pública.

    Share This