Graduada en xornalismo e cun máster en radio e televisión, nos últimos 15 anos Lucía Rodríguez Peña traballou en diferentes medios de comunicación locais, rexionais e nacionais, sempre con información de actualidade.
De volta a Galicia tras un salto a Reino Unido, comezou a su vinculación con Agareso como voluntaria. Así, ten participado en dous proxectos de cooperación en República Dominicana nos que a organización emprega a radio como ferramenta para o cambio social, sendo este medio co que se sinte especialmente vencellada tras unha etapa de cinco anos nos que presentou o programa Hoy por Hoy Lanzarote da Cadena Ser.