.Rocío Cadahía é tecnica de educación e comunicación en Agareso. A súa especialidade é a comunicación para o cambio social con máis de dez anos de experiencia en distintos proxectos. Traballou catro anos en Guinea Ecuatorial como directora de sensibilización e comunicación na ONG Ecoguinea. Neste país tamén foi xestora cultural e responsable de comunicación do Centro Cultural de España en Bata (AECID).
Compaxina o seu traballo como guionista de documentais e publicidade coa formación, impartindo obradoiros en técnicas radiofónicas e sensibilización tanto en España como noutros paises como Guatemala, O Salvador, República Dominicana ou Marrocos.
É a presidenta de AGARESO e socia fundadora da ONG Waka Films, Comunicación para o cambio social