Traballo en rede

Traballo en rede

Agareso leva a cabo proxectos propios, pero tamén asociadas con outras entidades, que consideran as nosas accións transvesais nos seus proxectos.  As nosas habilidades e coñecementos son complementarios e achegan ás accións doutras organizacións o compoñente de incidencia política, innovación e educomunicación.

Cremos que sumar esforzos e ideas desde o deseño dos proxectos ofrece máis forza a estas accións conxuntas.

Agareso é unha organización comprometida co traballo en rede, por iso participa en diferentes plataformas como a Coordinadora Galega de ONGD, na que integra a súa Xunta Directiva e ten dous representantes da Comisión de Incidencia e de Educación. Tamén forma parte da Rede Galega de Axuda a Persoas Refuxiadas e de varias redes de barrio en Santiago de Compostela. 

Sen esta complementariedade e colaboración non se pode entender o noso traballo actual e o noso camiño futuro.

Estas son as principais institucións que financian Agareso e as principais organizacións coas que Agareso traballar de maneira continuada e estable.

Xunta de Galicia
Cooperación Galega
Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento
Asamblea de Cooperación por la Paz
Universidade de Santiago de Compostela
Rede de Refuxiados
Share This