Graduado en Xornalismo, guionista e director de docuemntais, cooperante, formador e mestre. Membro de Agareso dende o 2012, participou en obradoiros de linguaxe audiovisual coma o de vídeo participativo do proxecto Barrios Abertos xunto a Sonia Díaz, culminado no documental Como imanes. Tamén colaborou noutros proxectos de voluntariado con ACPP (Asemblea de cooperación pola Paz), con obradoiros en medios comunitarios ou centros de ensino en países coma El Salvador ou República Dominicana. Dentro da non ficción, dirixou as longametraxes Jazz en Liberdade, En Calquera Lugar e Milímetros, e curtametraxes coma Lobos e Brancos, marróns,verdes e grises. Como guionista traballou para distintos programas emitidos en TVE, La2 ou TVG entre outras canles.

Xes tamén forma parte doutros colectivos coma CREA (Asociación de Profesionais da Realiazación e Dirección de Galicia) e AGAG (Asociación Galega de Guionistas).

Na actualidade, compaxina a súa profesión coma docente en ciclos formativos de imaxe e son co desenvolvemento de proxectos audiovisuais e de cooperación.