Aviso Legal

AVISO LEGAL E POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Condicións Xerais
Cumprindo o establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, entre outras, a continuación indícanse os datos de información xeral deste sitio Web.

INFORMACIÓN XERAL
A Asociación ONG de Cooperación ao Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios, en adiante Agareso, é unha ONGD española, domiciliada na Rúa do Hórreo 22, 1ºA 15702 Santiago de Compostela (A Coruña) con CIF número G36589844 e inscrita no Rexistro de ONGD de Galicia e no Rexistro de Asociacións do Ministerio de Interior de España.

O presente Aviso Legal regula o acceso e uso por parte de calquera persoa das páxinas que integran o dominio Web [https://www.agareso.org/], titularidade de Agareso. Estas normas informan poden ser cambiadas ou modificadas en calquera momento, polo que che recomendamos que as revises tantas veces como accedas a esta web, co fin de saber as normas que están en vigor en cada momento. Ao entrar nesta Web, estás a aceptar actuar baixo as normas publicadas nese momento.

OBXECTO
O contido desta Web (incluíndo, sen carácter limitativo, informacións, comunicacións, software, fotos, debuxos, audio, vídeos, gráficos, música, sons, imaxes, arquivos de texto e outros materiais e servizos) é propiedade de Agareso ou foi obxecto de licenza ou cesión por subministradores de contido independentes.
Agareso poderá efectuar cantas modificacións técnicas sexan precisas para mellorar a calidade, rendemento, eficacia do sistema e conexión a redes temáticas ou Internet.
Agareso resérvase o dereito de modificar a información contida na Web sen previo aviso.
Agareso está especialmente eximida de responsabilidade por deficiencias de servizo imputables ao centro servidor ou redes de conexión, así como polos danos que calquera virus informático puidera causar.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Conforme ao establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos, Agareso advirte que non recolle datos de carácter persoal a través desta Web.

LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICABLE
O presente Aviso Legal queda suxeito ao ordenamento xurídico español.
Para a resolución de calquera conflito que puidera derivarse do acceso á páxina Web, a persoa usuaria e Agareso acordan someterse expresamente aos xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela (España), con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.

Share This