Xornalista e membro fundador de AGARESO, a Luís Pardo deixáronlle con 16 anos un micrófono na emisora municipal do seu concello, Radio Culleredo, e xa non quixo soltalo. Dende hai uns anos, dirixe e presenta o magazine local Hoy por Hoy Santiago en Radio Galicia-Cadena SER e colabora en 20 Minutos. Polo camiño escribiu teletipos para axencias, formou parte do equipo fundador dunha radio e de dúas televisións, presentou programas con música en directo, percorreu Galicia facendo reportaxes e ata dirixiu unha efémera revista sobre baloncesto compostelán. Ultimamente está a descubrir o divertido que é contaxiar o virus da radio aos máis novos.