Roi Guitián é licenciado en comunicación audiovisual especializado en comunicación e educación. No eido audiovisual, ten traballado para diferentes canles de comunicación e produtoras independentes centrándose na elaboración reportaxes e documentais como cámara e realizador. Tamén conta cunha ampla experiencia no uso do audiovisual e das TIC como ferramentas para a participación social e o cambio, e desenvolveu proxectos para centros de ensino formal e non formal, colectivos en situación de vulnerabilidade ou organización sociais. Actualmente, compaxina a súa actividade profesional co traballo como técnico de EPD en Agareso.