Graduada en comunicación audiovisual, cun posgrao en Información Radiofónica e un máster en Consultoría e Comunicación Política, Verónica Couto iniciou a súa andadura profesional como locutora nun magazín radiofónico diario. Dirixiu e coordinou o programa durante case cinco anos, ao tempo que colaboraba asiduamente coa prensa escrita.

Despois, cambiou de sector e adicouse durante dous anos a escribir guions para unha famosa canle de Youtube. Durante este tempo, non deixou de tocar novas vertentes da comunicación, con cursos sobre Marketing ou redes sociais. Dentro desa diversificación, coñeceu Agareso da man do Seminario de Comunicación Social, tras o que se fixo voluntaria.

Con Agareso, foi a guionista dos documentais Tras la Valla e Garantía de vida. Ademais, imparte obradoiros de diferentes temáticas pero case sempre vinculados a radio. Actualmente, como técnica de proxectos, é a responsable dun programa sobre memoria democrática no que se pretende crear audios para a memoria das mulleres represaliadas. Ten participado tamén en dúas viaxes de cooperación na República Dominicana.