Xornalista especializada en deseño gráfico e de entornos dixitais, Uxía Pérez tenta explorar os diferentes camiños que ofrece a comunicación. Deste xeito, na súa traxectoria profesional experimentou o xornalismo de prensa impresa, participou en proxectos audiovisuais, traballou en deseño gráfico e de produtos dixitais e colaborou na difusión de eventos, empresas e organizacións.
Ademais de seguir explorando formatos e xeitos de comunicar, continúa o seu percorrido pola comunicación social como técnica de prosectos de Agareso, onde comezou como voluntaria en 2018. Entre as súas tarefas na organización están o deseño de materiais e campañas de comunicación e a coordinación de proxectos de voluntariado. Nesta liña, formouse tamén en Xestión de Proxectos de Desenvolvemento na Universitat Oberta de Catalunya.