xornalistas-galego-raiods-comunitarias-no-salvadorAsociación Galega de Reporteiros Solidarios(Agareso)desenvolve este ano en El Salvador, xunto coa ONGDAsemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), un proxecto de Cooperación no que buscan contribuír ao desenvolvemento sostible de El Salvador a través do empoderamento das súas comunidades con medios de produción e de comunicación propios.

Unha das ferramentas que empregan para promover este desenvolvemento sostible e este empoderamento son as radios comunitarias da zona, moi comúns durante o conflito armado interno que viviu o país e que agora están en mans de asociacións locais. Agareso encárgase da coordinación e xestión deste compoñente de comunicación para o desenvolvemento dentro do proxecto, e dentro deste traballo envía a zona a un grupo de xornalistas para formar ao voluntariado da emisora en técnicas de radio,  novas tecnoloxías e coberturas de temas sociais.

Este xoves 17 de setembro, Juan de Sola (presidente de Agareso, xornalista de Onda Cero Pontevedra e director do programa Contraparte), Luis Pardo (xornalista da cadea SER Santiago e parte da Xunta Directiva de Agareso), xunto con Xes Chapela (xornalista, documentalista  e voluntario da organización)  parten a El Salvador cunha completa axenda de traballo.

Un dos momentos claves da viaxe será oEncontro de Radios Comunitarias de Centroamérica, que terá lugar en San Salvador os días 21 e 22 de setembro e o que acudirán 30 representantes de emisoras de Guatemala, Honduras, Nicaragua, Panamá e El Salvador. Durante eses dous días recibirán formación en emisións on line e en xornalismo radiofónico, e intercambiarán experiencias e materiais entre elas. Este encontro organízase xunto coa Fundación Comunicándonos e aAsociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC).

Ademais durante 15 días daránformacióna un grupo de 15 mozos e mozas da radio comunitaria do municipio de Tecoluca, Radio Tehuacán, emisora que Agareso  e ACPP Galicia leva apoiando durante os últimos tres anos e na que xa se emiten programas especializados de xénero, turismo e medio ambiente. Ao mesmo tempo un grupo de estudantes do Instituto de Tecoluca recibirán formación audiovisual e elaborarán unha seria de “video-cartas” que compartirán con estudantes doutros catro institutos galegos, a través dun proxecto de Educación para o Desenvolvemento, chamado EpDLab.

Mentres o presidente da organización, Juan de Sola, visitarácatro emisoras comunitariasmáis de El Salvador (Radio Mangle, Radio Fonseca, Radio Itzcanal e Radio Guazapa) para identificar futuros beneficiarios dos proxectos na zona e impartirlles un curso de formación intensiva ao seu voluntariado, gracias ao apoio do noso socio local aFundación Cordes.

No marco deste mesmo proxecto, cando equipo de Agareso retorne a Galicia o vindeiro 4 de outubro, virán acompañados de tres beneficiarios do proxectos de El Salvador: unha muller xerente dunha cooperativa, un pescador artesanal e un dos coordinadores locais da Fundación Cordes. As tres persoas farán unhaxira por Galicia para coñecer como se traballa no noso país a pesca, o marisqueo e acuicultura sostible, para poder levar ideas que lle sexan útiles en El Salvador e contarlle a poboación galega que beneficios ten a cooperación ao desenvolvemento no seu país. A organización da xira está en mans deCentro Tecnolóxico do Mar, sito en Vigo, e ACPP Galicia.

Todo este traballo é posible gracias ao financiamento da Xunta de Galicia, a través das convocatorias de Cooperación Galega.