O proxecto EpD_LAB é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolven 5 centros educativos galegos (IES A Cachada de Boito, IES A Sagriña de A Guarda, IES Milladoiro de Ames, IES Carlos Casares de Viana do Bolo e IES Pintor Colmeiro de Silleda) e nunha radio comunicaria de Amñerica Central, Itzcanal en El Salvador durante todo o curso 2016-2017.

O obxectivo principal de EpD_LAB, que leva a cabo a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) a través do financiamento de proxectos de Cooperación da Xunta de Galicia,  é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores. O proxecto traballa na produción de contidos transmedia e novas narrativas ao redor de temáticas sociais, facilitando que tanto alumnado como profesorado fagan un uso activo das TIC, dando a coñecer a súa realidade e establecendo redes de aprendizaxe mutua entre eles.

O traballo desenvólvese a través dunha serie de obradoiros de formación (1 mensual durante todo o curso) nos que trabállase a capacitación técnica no uso das ferramentas de creación e publicación de contidos na web, a educación en valores para unha comunicación responsable, inclusiva e que acompañe os procesos de transformación social, o análise das mensaxes que se difunden na web e nos medios de comunicación, dende unha perspectiva crítica e construtiva cara á cooperación e á xustiza social.

Os obxectivos son:

  • O desenvolvemento de competencias comunicativas, tecnolóxicas e de tratamento da información, facendo especial fincapé no traballo coa competencia mediática, entendida como a capacidade para buscar e entender a información dos medios de comunicación, así como a habilidade para crear contidos propios, axeitados á canle e aos formatos de publicación propios de cada medio.
  • Fomentar a motivación, a creatividade e a liberdade expresiva do alumnado a través dos medios de creación audiovisual e das redes de colaboración, traballando a participación activa, a aprendizaxe colaborativa e a autonomía persoal.
  • A sensibilización social respecto á desigualdade social e ás causas da pobreza, valorando o papel da comunicación nos procesos de transformación social. Neste sentido, o proxecto busca a formación dunha actitude crítica e responsable de cara a igualdade, a solidariedade e a diversidade cultural na comunidade educativa e no resto da sociedade.

A creación de contidos transmedia acompañará todo este proceso formativo dende o principio, constituíndo o eixo principal do proxecto. Serán pezas audiovisuais de curta duración, baseadas nas linguaxes propias das novas canles dixitais. A temática xirará en torno á Educación para o desenvolvemento: ás desigualdades sociais, o desenvolvemento sostible, o comercio xusto e a equidade de xénero. Estas pezas elaboraranse contando coa guía e asesoramento de profesionais da comunicación e a educación, e publicaranse nun espazo web compartido por tódolos centros participantes: www.epdlab.gal.

Neste intercambio de experiencias, incluirase a participación dos voluntarios da Radio Comunitaria Itzcanal, en El Salvador, co obxectivo de integrar a visión de rapaces e rapazas que viven a realidade social e cultural dun país en vías de desenvolvemento.

Os contidos creados, asemade que a metodoloxía de traballo, son públicos para que poidan ser consultados polos centros participantes e tamén polo resto da comunidade educativa. De feito no espacio web está xa publicada unha guía didáctica en formato dixital, coa metodoloxía e as actividades baixo a forma de diario do proxecto co fin de que poida ser replicado, compartido e/ou adaptado noutros centros educativos. Ademais, organizarase unha xuntanza entre os equipos responsables do proxecto de cada centro, co fin de compartir ideas, avaliar a experiencia e acompañar o proceso de traballo colaborativo.

Este curso é a segunda experiencia dun proxecto que fóra posto en marcha no 2015. Moitos dos centros repiten e inclúense un novo, o IES Pintor Colmeiro. Como novidade do proxecto este incluirá unha formación a diferentes profesionais co obxecto de poder ser replicado.

Todo o contido realizado ata o momento está publicado na web: www.epdlab.gal, incluído o video resumo da pasada edición.