Xeración Contrainfo
Xeración Contrainfo
Ámbito territorial: Galicia
Data: 2022
Persoas beneficiarias: Alumnado e profesorado de Educación Secundaria, alumnado universitario, xornalistas
Parcerías: Arraianas, Fundación Secreatariado Xitano, Sen Valos, IES Fonmiñá (A Pastoriza), IES do Milladoiro (Ames) e IES do Urbano Lugrís (A Coruña)
Principal entidade financiadora: Xunta de Galicia
Orzamento: 37.430 €
Xeración Contrainfo é un proxecto de Educación para o Cambio Social impulsado con Agareso co financiamento da Xunta de Galicia, co obxectivo de atallar a raíz do mecanismo que xera os discursos de odio, partindo da necesidade de mellorar a alfabetización mediática do alumnado para evitar que callen os discursos emitidos polos grupos extremistas nas redes sociais e que, como se vén demostrando noutras latitudes, poden levar a nosa adolescencia cara a posicións intolerantes e radicalizadas.
Analizamos a situación de partida nos centros de ensino, elaboramos materiais que promoven a empatía cos colectivos e persoas afectadas polo discurso de odio e xeramos unha metodoloxía para traballar esta temática co alumnado se Secundaria, co obxectivo de que se convirtan en protagonistas na loita contra os prexuízos e constrúan o seu propio contradiscurso. Finalmente, trasladámoslle ao profesorado presente e futuro, a xornalistas e a educadoras/es sociais todo o aprendido no proceso.
RACISMO E MACHISMO ENTRE O ALUMNADO DE SECUNDARIA

A partir do estudo elaborado dentro de Xeración Contrainfo, denunciamos a existencia dun nivel elevado de racismo e machismo entre o alumnado de Secundaria e cuantificamos a presenza de estereotipos e de discurso de odio nos centros de ensino cos resultados dun estudo elaborado pola consultora especializada Wayna a partir das respostas ofrecidas por 301 alumnos e alumnas de Secundaria.
O estudo describe un imaxinario social racista existente entre a rapazada galega que outorga, de xeito consciente ou non, ás persoas brancas certas características persoais e sociais positivas. No outro lado da balanza, a poboación de etnia xitana é a que recibe unha maior porcentaxe de comentarios que teñen como base un estereotipo negativo, empregando para describila termos como conflitivas, problemáticas, violentas, ladroas ou malas estudantes. Coas persoas árabes empregan de xeito recorrente palabras como terrorismo, machismo, homofobia ou pobreza. Pobreza é a palabra máis utilizada para referirse ás persoas negras, xunto con fronteiras. Para referirse ás persoas latinas, o alumnado emprega maioritariamente palabras como festa, música e baile, pero tamén “pandillas”, violencia e drogas. As palabras mudan cando describen as mulleres latinas, incorporando conceptos vencellados coa hipersexualización.
Tedes máis información aquí. Algúns dos medios que se fixeron eco da noticia foron Praza Pública, Cadena SER Galicia, RNE, Onda Cero ou Galicia Confidencial.
HISTORIAS DE VIDA MARCADAS POLO DISCURSO DE ODIO
Traballamos man a man con mulleres migrantes de Arraianas, en Compostela, coa rapazada de Sen Valos, na Coruña, e con mozos da Fundación Secretariado Xitano, en Lugo. Con xenerosidade, axudáronnos a comprender o trato que reciben da sociedade española, explicáronnos como facemos que se sintan nos espazos compartidos. Tamén, como lles gustaría que responderamos as persoas da Xeración Contrainfo cando presenciamos dircurso de odio ou unha situación inxusta, motivada polo odio xerado cara a estes colectivos.
ROBERTO
“Siempre nos ponen ahí. No sé por qué. Siempre nos hacen ser lo malos. No se por qué. Y eso se vive cada día… porque el racismo sigue existiendo.”
MBAIA
“Me hubiese gustado que se pusieran en mi piel, que supieran lo que yo estoy sintiendo y que dijeran ¡Basta, no le hagáis más eso!”
ALEJANDRO
“Es jodido, pero no sé nunca dejaré de estar orgulloso de ser lo que soy y de poder tener esa oportunidad de demostrar que somos diferentes.”
GLORIA
“Una viene pensando en hacer cosas buenas, trabajar y ayudar a su familia, pero las personas que te miran asi te hacen dudar de ti misma.”
ALI
“La gente de Europa piensa que los africanos no saben nada, que la gente blanca es TOP y que el resto es la basura del mundo. Eso no está bien”.
DIANA
“Estas acciones me han hecho sentir muy mal, las he llorado mucho, pero hoy digo: quien no se permita darse la oportunidad de tratar conmigo… se lo pierde”.
TRABALLO NAS AULAS
A partir destas historias de vida, elaboramos unha metodoloxía pedagóxica piloto para axudar o alumnado de Secundaria a distinguir os estereotipos, os prexuízos e a discriminación nos medios, nos espazos sociais compartidos e na contorna educativa. A través da empatía coas persoas que sofren a consecuencias do discurso de odio e da alfabetización mediática, acompañamos o alumnado de tres centros galegos na elaboración de materiais de contradiscurso como memes ou vídeos.
IES DO MILLADOIRO

IES DO URBANO LUGRÍS

IES FONMIÑÁ

O profesorado e o alumnado destes tres centros participantes ten, tamén, acceso a tres materiais didácticos elaborados polo equipo de Agareso para empatizar coa realidade da xuventude de países empobrecidos intercambiado vídeo-cartas online; reflexionar sobre a riqueza do intercambio cultural a través da narración audiovisual das propias persoas migrantes; e coñecer máis sobre a sobreexplotación dos recursos naturais e a cultura de paz e dereitos dos pobos indíxenas a través da colección Semillas de Cambio. Todos estes recursos están dispoñibles, tamén, para vós. Se precisades acompañamento, non dubidedes en contactar.
COMPARTIMOS OS RESULTADOS

Dende Agareso, ofrecemos unha formación práctica gratuíta, de 8h homologables, para traballar a Loita contra o discurso do odio nas aulas. Neste obradoiro, eminentemente práctico:
- Descubrimos a existencia dun nivel elevado de racismo e machismo entre o alumnado de Secundaria
- Coñecemos a contranarrativa ofrecida polos colectivos vitimizados
- Puxemos en práctica diversos recursos pedagóxicos para traballar a diversidade co noso alumnado, empregando ferramentas de comunicación como o audiovisual ou a memética.
- Achegámonos a varios exemplos de boas prácticas, partindo das unidades didácticas do proxecto Xeración Contrainfo
- Concluímos cunha práctica grupal na que integraremos a lectura crítica e as contranarrativas na aula para a educación en valores, a acción titorial e a atención á diversidade.

Presentación do proxecto na Facultade de Educación da USC

Presentación do proxecto nas Xornadas de Educación para a Ciudadanía Global

Presentación do proxecto no Cumio contra o Discurso de Odio organizado pola Coordinadora Galega de ONGDs

Presentación do proxecto organizada polo Colexio de Xornalistas de Galicia, coa participación de Diana Viveros
OS COLECTIVOS
Xeración Contrainfo non sería posible sen a xenerosidade das persoas e dos colectivos que nos acompañan neste proceso. Deixámosvos por aquí a súa información de contacto e animámosvos a interesarvos polo seu traballo e a colaborar con eles e con elas.

Rúa do Pexigo de Arriba 32, Bajo
15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo: arraianas@arraianas.org
Teléfonos: 981 936 034 | 623 004 843


Rúa Enrique Mariñas Romero nº 36, 7ª oficina 7
Torre de Cristal – Matogrande, 15009 A Coruña
Teléfono: 981 905 977
Correo: info@senvalos.org