A investigación 'A moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección' denuncia as "condicións de vida e traballo precarias que sofren as traballadoras en talleres téxtiles de Tánxer que son provedores de grandes marcas internacionais".
Agareso e Solidariedade Galega invitámosvos a asistir á presentación do documental “Non che doe?”, elaborado dentro do proxecto Brigadas Sanitarias en Nicaragua, que terá lugar este xoves 26 de xaneiro, ás 19.00 horas, na sede do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra (Rúa Echegaray, nº 8. Pontevedra).
AGARESO realiza a súa segunda incursión nas accións desenvolvidas no obradoiro para a prevención do consumo de substancias psicoactivas en adolescentes " DI-K-Non", creado pola Unidade Terepéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) e a Fundación Barrié.
O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.
Son xa moitos anos. Moitas cousas teñen cambiado desde 1985, cando empezamos a promover a celebración nas aulas galegas do Día Escolar pola Paz. Tiñamos pelo. Menos anos. A mesma ilusión.
"A Caracas que soño é unha Caracas, ecolóxica, limpa, organizada, con custodia policial fixa e non itinerante ou espasmódica"
Ao corenta anos da miña existencia -case todos vividos en Caracas-, vexo que son algúns os logros dentro das políticas públicas de todos aqueles mandatos que recordo, comezando desde Luís Herrera até os nosos tempos revolucionarios.
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) veñen de abrir o prazo para inscribirse na segunda edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. A acción formativa inclúe unha expedición a Marrocos onde cinco estudantes traballarán con ONG locais.
Agareso implementou no verán de 2011 o seu primeiro proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento no exterior. O equipo integrado polas xornalistas Susana Alvite e Carmen Novas impartiu sete obradoiros de radio noutras tantas escolas do Bajo Lempa.
O presidente, Malam Bacai Sanhá morreu día o pasado día 9 de xaneiro, en Francia, anunciaron fontes da Presidencia da República, en Bissau.
‘Voces con Fondo’ comeza o ano repasando a visita a Galica que a técnica do Fons Catalá, Victòria Planas, fixo a finais de 2011 para difundir os avances do proxecto conxunto en Haití.
Download
Embed Insertar este video en tu web
Mohammed Naser, Dalal Altegi e Mohammed Abed son tres ciudadans palestinos que sufren os efectos do conflicto bélico entre árabes e israelíes. "Palestina sen barreiras" e unha viaze o sufrimiento das persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas e de movilidad. Pero, sobre todo, e unha viaxe a esperanza.
Actualidade semanal sobre o ámbito da discapacidade e as principales acción desenvolvidas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Cris Pet proporciona as novas relevantes neste resume informativo.
Download
Embed Insertar este video en tu web
ACPP e AGARESO dan comezo este martes 4 de outubro a un ciclo de cinema sobre a ocupación palestina no Salón Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Edición do boletín informativo de Cogami 'Sen Barreiras', correspondente a derradeira semana de septembro, centrado en novas relativas as persoas con discapacidade. Esta é unha producción e locución de Cristina Pet.
Download
Embed Insertar este video en tu web
Nova edición deste espazo en Agareso Radio, no que participan diferentes usuarios da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami). Nesta ocasión, Manuel, Antonio y Javier analizan as dificultades de accesibilidade nas praias para unha persoa con discapacidade, a pesar de contar con bandeira azul, outorgada polos óptimos servizos.
Download
Embed Insertar este video en tu web

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics