Creación participativa de audios pola memoria das mulleres
Creación participativa de audios pola memoria das mulleres
Ámbito territorial: Galicia (España)
Fecha: 2021-2022 / 2022-2023 / 2024-2025
Personas beneficiarias: 240 alumnos e alumnas galegas (24-25)
Principal Financiador: Ministerio de Política territorial y Memoria democrática
Presupuesto
2024-2025: 10.000 €
Creación de audios pola memoria das mulleres é un proxecto de Agareso financiado polo Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria democrática. Busca crear audios con enfoque pedagóxico e feminista para sensibilizar e concienciar sobre o aporte das mulleres galegas á loita contra o franquismo.
Na primeira edición deste proxecto participaron 4 centros educativos galegos: IES Valadares (Vigo), CPI de Xanceda, CPI Virxe da Cela (Monfero) e IES Xelmirez II (Santiago de Compostela). E na segunda fixérono 5: IES Xunqueira II (Pontevedra), IES Alfredo Brañas (Carballo), IES Eduardo Pondal (Ponteceso), IES Politécnico de Vigo e IES Xelmirez I (Santiago de Compostela). Todas elas tiveron varios obradorios nos que coñecer o contexto da Guerra Civil Española, a posguerra e a posterior ditadura. Ademais, afondaron na represión sufrida polas mulleres durante esta época. Na edición impartida durante o curso 2024/2025 participaron os centros: IES Eduardo Pondal (Ponteceso), IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela), IES Xunqueria II (Pontevedra) e IES Alfredo Brañas (Carballo).
O propio alumnado foi o encargado de buscar, nas súas contornas, historias de mulleres represaliadas, contribuíndo deste xeito á Memoria democrática galega. O resultado son varios podcast que falan da represión sufrida polos galegos e galegas, un tema que lles era totalmente alleo á esta mocidade.
Os resultados das diferentes edicións