Creación participativa de audios pola memoria das mulleres

Creación participativa de audios pola memoria das mulleres

Os primeiros audios, elaborados no Curso 21-22

Os alumnos e alumnas do IES Xelmirez II entrevistaron a parte das súas avoas para obter testemuñas da represión franquista durante a Guerra Civil e a Dictadura. Elas, con moita xenerosidade relataron cómo viviron esa época co condicionante de ser mulleres.

 

O alumnado de 1ºC do colexio público santiagués IES Xelmirez II elaborou o seu podcast sobre a represión das mulleres durante a Guerra Civil e posterior dictatura española. Nel, relatan todo o aprendido durante 3 xornadas de obradoiros e ademais, unha das alumnas da clase conta a historia que a ela lle contou a súa avoa. 

3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela, en Monfero, rematou o seu podcast sobre a represión das mulleres durante a Guerra Civil española e a posterior dictadura. Para elaboralo, entrevistaron aos seus avós e avoas e tamén recolleron a historia da mestra fusilada Mercedes Romero Abella.

O alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela de Monfero contou coa testemuña de Carmen, unha das súas avoas e tamén analizou a historia de Amada García, represaliada durante a Guerra Civil. 

Os mozos e mozas de 3º do instituto de Xanceda falaron no seu podcast do contexto da Guerra Civil en Galicia e particularmente na comarca de Ordes. Así, falan de Foucellas, de represión….
En concreto, contan con testemuñas de algúns avós, e tamén de unha neta de asasinado que narra o drama que viviu a súa familia.

Na aula de 4º da ESO do CPI de Xanceda fixeron un podcast sobre memoria democrática cargado de testemuñas. Contaron coas voces de multitude de veciños e veciñas que colaboraron con eles para ter unha radiografía máis ampla do que aconteceu na época. 

A rapazada de 4º ESO-A do IES Valadares aprendeu cómo era a vida durante a ditadura franquista e a previa Guerra Civil. Deste volta incluiron no seu podcast unha entrevista a Prudencio, que fala de diferentes tipos de represión.

Os alumnos de 4ºB do IES Valadares, de Vigo, analizaron en profundidade no seu podcast a exposición Rexas, da Deputación de Pontevedra. Nela faise un percorrido polas mulleres vítimas da represión franquista. A maiores, incluiron a entrevista a avoa de unha compañeira, que narra cómo viviu a súa familia a represión.

 A Deputación de Pontevedra conta con diferentes recursos relacionados coa memoria histórica. O alumnado do IES Valadares (1ºC) sumerxiuse desta volta na páxina web Dogrisaovioleta para consultar as biografías de Elvira Lodeiro e Consuelo Acuña.

O grupo de 4º D do IES Valadares contou con parte dos arquivos históricos do grupo Terra e Memoria, da USC.  Desta volta incluiron no podcast a historia de Urania Mella, baixo as testemuñas dos seus fillos Raúl e Conchita Solleiro Mella .

Share This