Creación participativa de audios pola memoria das mulleres

Creación participativa de audios pola memoria das mulleres

Audios elaborados no curso 22-23

Os alumnos e alumnas de 1ºD do IES Xunqueira II contan con testemuñas de avós e avoas para o seu podcast. Así, falan de fame, de represión, de detencións erróneas, ou do caso concreto de un bisavó preso en San Simón. Sobre todo, céntranse no papel das mulleres, vítimas ás veces de forma directa e outras de forma indirecta.

 

A clase de 2ºA do IES Xunqueira II elaborou o seu podcast sobre a represión das mulleres durante a Guerra Civil e posterior ditadura española contando con diferentes testemuñas familiares, que narran, por exemplo, o fusilamiento dun bisavó ou cómo familiares cercanos a eles tiveron que loitar nun bando que matara aos seus seres queridos. Tamén repasan a historia de Alexandre Bóveda e Amalia Álvarez.  

O alumnado de 4ºA do IES Eduardo Pondal (Ponteceso) sumerxiuse na Memoria democrática das mulleres e en concreto das mulleres da Costa da Morte da man de Fernando Vidal, un mestre de Corme que recopilou multitude de testumuñas da Guerra Civil e posterior ditadura. Él faloulles de casos concretos na zona.

En 4ºB do IES Eduardo Pondal contaron coas voces de nais, avoas, avós e outros familiares, para achegarse a unha dura realidade. Así, descubriron unha época de fame, medo e represión. E tamén puideron percatarse do importante papel das mulleres para sacar adiante ás familias.

Os mozos e mozas de 3º B do IES Politécnico de Vigo contaron no seu podcast todo o aprendido nos talleres de Memoria democrática. Así, repasan a historia dende antes de que estoupara a Guerra Civil ata a máis profunda ditadura franquista. Este era un tema do que apenas sabían nada entón tamén amosan asombro ante o acontecido.

Na aula de 3ºA da ESO do Politécnico de Vigo contaron cos arquivos da páxina web Dogrisaovioleta e grazas a elo puideron contar no seu podcast a historia de Fina Dios e da súa familia, que sufriu a represión moi duramente. Ademais, conseguiron testemuñas familiares sobre as cartillas de racionamento e outros temas da época. 

No podcast de 1º ESO do IES Xelmirez I hai moitas voces. Por un lado entrevistaron a compañeiros de clase para ver cómo cambiara a súa percepción da historia despois de realizar os talleres. Por outro, tambén puideron entrevistar a unha profesora do instituto para coñecer máis en profundidade un proxecto sobre a II República que se desarrolla dentro do mesmo. E por último, contaron con testemuñas de avós e avoas, que lle deron un valor engadido por ser coñecedores de primeira man do acontecido.

 Dende 4º do IES Xelmirez I, de Santiago de Compostela, ofrécennos no seu podcast a sua propia visión do ocurrido durante a Guerra Civil e posterior ditadura. Para coñecela, entrevistaron a familiares que ou ben viviron o conflito ou ben foron recollendo esa información entre achgados maiores. 

Varias avoas e algún avó protagonizan este podcast no que falan de ter que deixar de estudar moi novos para traballar e de moitas carencias e dificultades. O alumnado do IES Alfredo Brañas (3ºC) comprendeu así que a época de posguerra foi moi dura para moitos españoles e españolas. 

O grupo de 3º B do IES Alfredo Brañas centra o seu podcast no feito de que en Carballo levan moitos anos pelexando para poder exhumar unha fosa común. De esto lles falou o profesor e experto no tema Xan Fraga, que incidiu na necesidade de estudar a fondo o tema para coñecer a nosa historia.

Share This