Agareso e Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) pretenden achegar á cidadanía galega, desde a perspectiva dos Dereitos Humanos e do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), a situación en Oriente Próximo e o traballo realizado pola sociedade civil palestino-israelí co fin de lograr unha solución pacífica do conflito desta zona.
caminos-de-paz

A través deste proxecto trátase de dar voz a aquelas organizacións sociais, especialmente as israelís, xa que son as máis descoñecidas, que traballan día tras día, facendo denuncia de situacións insostibles e violacións dos dereitos humanos que sofre a poboación palestina, e que fomentan o reencontro e a cooperación entre ambos pobos.

Son voces portadoras dunha esperanza para producir un cambio na opinión pública que permita un camiño sostible de paz.

O documental ten unha duración de 25’. Versións en galego e castelán.

As outras voces de Israel e Palestina de AGARESO en Vimeo.