O audiovisual titulado ‘100% Muller’ ofrece unha visión precisa das condicións de vida e realidade actual da muller nas grandes urbes marroquís.

Agareso mostra a través deste documental o proxecto de alfabetización e formación da muller traballadora marroquí no norte deste país africano. Unha iniciativa de acción social que está a ser desenvolvida por asociacións locais como Atawassoul ou Cento por cento Mamás. O documental profunda ademais na lenta  evolución das desigualdades de xénero, sociais e laborais no Magreb.

A gravación vén precedida dun período de convivencia con obreiras da cidade de Tánxer, ao norte de país. O equipo de reporteiros/as executou este proxecto durante o mes de agosto de 2008 coa finalidade de descubrir as duras situacións que deben sortear as protagonistas do documental nos ámbitos sociais, laborais e familiares, ao atoparse inmersas nunha sociedade con recios edictos marcados polos homes historicamente.

Este é o primeiro traballo audiovisual da ONG Agareso na visibilización dun contexto social determinado, nace da invitación cursada pola Organización Amarante que desempeña proxectos de cooperación en materia de alfabetización e empoderamiento da muller na zona.

O papel das dúas contrapartes locais, Atawssoul e Cento por cento Mamá, foi transcendental para o resultado final. Profundar na existencia das traballadoras do téxtil, a manufactura e conserva da zona é o principal obxectivo deste comprometido traballo.

O documental ten unha duracción de 15 min.

100% Muller de AGARESO en Vimeo.

Blogue: http://agaresomarruecos.blogspot.com/