Dúas experiencias escollidas entre os milleiros de familias acolledoras de nenos e nenas, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís, é o argumento deste pequeno documental. galicia-saharaO programa ‘Vacacións en Paz’ da asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí traslada cada verán milleiros de menores a España. Esta acción persegue facilitar a atención sociosanitaria e evitar as altas temperaturas do deserto nos meses de xuño, xullo e agosto. Nesta ocasión, o documental recolle a convivencia de dúas familias do municipio de Sanxenxo (Pontevedra) e unha nena e un neno saharauís durante o verán de 2008. Posteriormente, o equipo de reporteiros trasladouse ás jaimas do deserto para coñecer a realidade social e familiar dos dous protagonistas da historia. O documental ten unha duración de 10 min Blog: http://agaresosahara.blogspot.com/