Vídeo Participativo
Vídeo Participativo
Ferramenta: audiovisual
Tempo: Mínimo 25 horas de formación
Sesións: Idealmente 4 horas por sesión
Colectivo meta: grupos excluídos
Se es unha entidade do campo social, un centro educativo, un centro cultural… e queres que deseñemos para ti este tipo de talleres contacta con coordinación@agareso.org para pedir orzamento.
O vídeo participativo é unha ferramenta de empoderamento e reflexión moi eficaz para traballar con colectivos vulnerables, excluídos e invisibilizados. É unha metodoloxía que procura que a través da creación de historias, a gravación e a edición, o colectivo meta analice as súas problemáticas, a súa situación emocional e a súa identidade.
O vídeo participativo é unha metodoloxía de proceso, que require de tempo para a creación de grupo, para a xeración de confianza e para a exposición pública. O produto final son audiovisuais, que se se dan as condicións óptimas serán presentados en público, e unha campaña de comunicación específica protagonizada polo propio colectivo.
Como exemplo de resultados podedes consultar estes tres vídeos nos que traballamos con mulleres xitanas, mocidade migrante e mocidade en risco de exclusión educativa: