Radio Escolar como ferramenta de cambio social

 Radio escolar como ferramenta de cambio social

Guía didáctica de libre uso

Ámbito territorial: Galicia

Data: 2021-2022 / 2022-2023

Financiador: Consellería de Polítia Social, Xunta de Galicia

Orzamento: 6243,68€ (2021/22) / 11472,03€ (2022/23)

 Radio Escolar como ferramenta de Cambio social é un proxecto de Agareso  financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do IRPF. Busca elaborar un programa completo que permita darlle aos centros educativos e ao alumnado en particular, ferramentas para loitar contra o discurso do odio a través da radio.

Este foi un proxecto que no curso 21/22 se levou a cabo no IES Rafael Dieste da Coruña, onde o alumnado de 4º da ESO participou en dúas xornadas de obradoiros de 100 minutos cada unha. Neste caso os talleres centráronse en saber identificar e combater o discurso do odio cara o colectivo LGTBI+. As persoas participantes no obradoiro sumerxíronse primeiro en certos conceptos teóricos e tiveron oco despois para poñelos en práctica. Durante os talleres aprenderon tamén a empregar as ferramentas da radio e a familiarizarse co medio. Ao final, fixeron o seu propio podcast, no que cada clase tivo a oportunidade de facerlle unha entrevista a unha persoa activista a prol do colectivo LGTBI+.

Na convocatoria 2022/23 este proxecto puxo o foco en dous centros de ensino galegos: o IES Rafael Dieste en A Coruña e o CPI San Xoán de Becerreá. En ambos se realizaron 3 obradoiros por cada aula nun total de dúas aulas por centro, por tanto levaronse a cabo 12 obradoiros.
Neste caso, vista a experiencia de proxectos anteriores nos que Agareso participa, pensábamos que era necesario probar cómo funcionaban este tipo de talleres en centros de ensino de primaria.

Dentro deste proxecto, tamén se inclúen obradoiros co profesorado, para darlles as ferramentas para facer formación continua nos centros contra o discurso do odio. Ademais, tamén se realizou unha guía didáctica para facilitar este cometido.

Share This