Activistas polo Mundo que queremos
Activistas polo Mundo que queremos
Ámbito territorial: Galicia
Datas: de 2013 a 2022
Persoas beneficiarias: Alumnado e profesorado de Secundaria
Parcerías: Centros Educativos
Socios: Solidariedade Internacional de Galicia e ACPP
Principal Financiador: Xunta de Galicia
Orzamentos
- 2021: 70.000€
- 2020: 70.000€
- 2019: 70.000€
- 2018: 70.000€
- 2017: 70.000 €
- 2016: 70.000 €
- 2015: 91.847 €
- 2014: 45.459 €
- 2013: 39.955 €
Visita a web deste proxecto
ACTIVISTAS polo Mundo Que Queremos é un proxecto integrado dende o ano 2013 na plataforma Plan Proxecta da Consellería de Educación e financiado por Cooperación Galega. O obxectivo e levar aos institutos galegos as realidades do Sur e fomentar un alumnado máis crítico, participatvo e corresponsable. Abórdase ao longo do curso a través de sete sesións: 3 presenciais e 4 virtuais nas que a través de metodoloxías innovadoras como a análise doutras realidades, a visita de activistas doutros países ás aulas, ou a radio como metodoloxía de comunicación transformadora e de denuncia, apoiarán ao alumnado para construír activismos xuvenís que transcendan o centro educativo.
