Formacións

Formacións

A formación é un dos pilares do traballo en cooperación para o desenvolvemento, combinando sensibilización e capatización a partes iguais. Sensibilización tanto en canto axuda a difundir as diferentes realidades do mundo e as acción que alí se desenvolven; e capacitación no senso de que achega ferramentas, prácticas e coñecementos a aqueles interesandos en profundizar ou complementar a súa formación con cursos específicos.

É, polo tanto, un dos máis importantes eixos do traballo de Agareso, orientado no noso caso á formación na comunicación para o desenvolvemento e os diversos aspectos que este contempla, sendo esta área necesaria, concreta e transversal, a través da cal tócanse outros aspectos da cooperación.

A combinación entre a utilización de ferramentas de comunicación e a comprensión das sensibilidades no campo da cooperación e o desenvolvemento consitúen as dùas vías que se poden aprender nas nosas aulas e obradoiros.

Share This