Dez xornadas de debates, charlas e aprendizaxes sobre as posibilidades da comunicación como ferramenta para o cambio social
Unha formación para quen desexe mellorar as súas prácticas comunicativas aplicadas ao sector social, xornalístico ou da produción audiovisual
Dende a ONGD AGARESO propomos esta formación para quen desexa mellorar as súas prácticas comunicativas aplicadas ao sector social, xornalístico ou da produción audiovisual.
Durante as dez sesións que abarca o Seminario, trataranse temáticas transversais como o enfoque de xénero, o discurso do odio, o xornalismo e os dereitos humanos, a cooperación internacional, experiencias de ONG’s en terreo, comunicación e infancia, audiovisual comprometido, a fotografía social e a radio comunitaria, alternando sesións teóricas e prácticas.
O alumnado da USC obterá 2 créditos pola participación no Seminario. Ademais, de maneira gratuíta, dúas das persoas participantes no Seminario poderán realizar unhas prácticas en terreo en Senegal durante unha semana para completar a súa formación. No vídeo que acompaña a este texto podedes ver un resumo da viaxe a Lepe co alumnado da undécima edición.
Aínda que o fío condutor é a comunicación, non é necesario ter formación específica neste ámbito, xa que se terán en conta os distintos perfís profesionais das persoas asistentes para conformar os grupos de traballo. Para máis información e inscricións, podes contactarnos en antonio@agareso.org ou no 626 41 95 02 (Antonio Grunfeld)
A inscrición está aberta até o 20 de febreiro de 2023
Resumo da información máis relevante
- Curso de 40 horas presenciais (10 sesións de 4h).
- Do 1 de marzo ao 10 de maio.
- Todos os mércores de 16h a 20h, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
- A cota de inscrición é de 120 € (presencial) u 100€ (online).
- Na modalidade online, poderase asistir ás conferencias en directo ou en diferido, pero non habrá posibilidade de asistir ás sesións das dinámicas de grupos.
- O curso está destinado preferentemente a activistas, persoal técnico e voluntariado de organizacións sociais, estudantes e profesionais da comunicación, profesorado, profesionais e estudantes dos medios de comunicación.
- O alumnado que entregue un traballo individual e outro grupal, optará a unhas prácticas de 10 días en Senegal con todos os gastos cubertos.
Resumo das sesións no curso 2022
Xornada 1| Introdución e Radio Comunitaria | Presencial
Introdución do seminario e primeira sesión sobre radio comunitaria con Juan de Sola (xornalista en Onda Cero), quen conectará a través de Skype con varias radios comunitarias de Latinoamérica.
Xornada 2 | Fotografía Social | Presencial
Dous enfoques da fotografía social a través de Anna Suriyach, editora da revista 5W, e Mingo Venero, fotógrafo documental especializado en Dereitos Humanos.
Xornada 3 | Medios de comunicación e Afrodescendencia | Online
A cargo de Lucía Mbomío, periodista en TVE, escritora y activista afro. Na súa ponencia, analiza o tratamento histórico dos medios de comunicación a comunidade afro. Dende o anuncio do ColaCao as series actuais de Netflix.
Xornada 4 | A Cooperación ao Desenvolvemento | Presencial
Esta sesión divídese nunha charla a cargo de Alejandro Quiñoá (delegado de ACPP en Galicia e presidente da Coordinadora Galega de ONG’s)e de dous activistas hiphoperas chegadas dende El Salvador. A segunda sesión é unha dinámica de grupo a través do xogo “En busca do desenvolvemento”.
Xornada 5 | Feminismos | Presencial
Mesa redonda con varias expertas en comunicación e feminismo.
Xornada 6 | Xornalimo e DDHH | Online
A cargo de Gabriela Sánchez Iglesias, responsable da sección de Dereitos Humanos no eldiario.es : DESALAMBRE.
Xornada 7 | Infancia e xuventude | Presencial
Roi Guitían descúbrenos nesta sesión a ferramenta do Vídeo Participativo: unha metodoloxía para utilizar o audiovisual para traballar con colectivos en risco.
Xornada 8 | Experiencias de Cooperación en Terreo | Online
Xornada dividida entre a ponencia de Laura Feal, xornalista colaboradora no El Pais e consultora en xestión de proxectos ao desenvolvemento e unha mesa redonda con distintxs profesionais do sector da cooperación con experiencia en terreo.
Xornada 9 | Comunicación medioambiental | Online
Teremos con nós a Luis Miguel Domínguez, naturalista, activista medioambiental e director de documentais de natureza e de programas de televisión, como El Escarabajo Verde de TVE.
Xornada 10 | Audiovisual Comprometido | Presencial
Sesión a cargo de Paula Palacios, directora e productora de documentais especializada no mundo árabe.
O Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional é unha actividade do proxecto Xeración Contrainfo financiado pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega.