Dez xornadas de debates, charlas e aprendizaxes sobre as posibilidades da comunicación como ferramenta para o cambio social

Unha formación para quen desexe mellorar as súas prácticas comunicativas aplicadas ao sector social, xornalístico ou da produción audiovisual

Desde as ONGD’s AGARESO e ACPP propomos esta formación para quen desexan mellorar as súas prácticas comunicativas aplicadas ao sector social, xornalístico ou da produción audiovisual.

Durante as dez sesións que abarca o Seminario, trataranse temáticas transversais como o enfoque de xénero, o discurso do odio, o xornalismo e os dereitos humanos, a cooperación internacional, experiencias de ONG’s en terreo, teatro da oprimida, o terceiro sector en Galicia, audiovisual comprometido, a fotografía social e a radio comunitaria, alternando sesións teóricas e prácticas. Ademais, dúas das persoas participantes no Seminario poderán realizar unhas prácticas en terreo durante unha semana para completar a súa formación. No vídeo que acompaña este texto podedes ver un resumo da viaxe a Marrocos co alumnado da novena edición.

Aínda que o fío condutor é a comunicación, non é necesario ter formación específica neste ámbito, xa que se terán en conta os distintos perfís profesionais das persoas asistentes para conformar os grupos de traballo. Para máis información e inscricións, podes contactarnos en escolasenracismo@agareso.org ou no 626 41 95 02 (Antonio Grunfeld)

A inscrición está aberta até o 21 de febreiro de 2021

 

Resumo da información máis relevante

– Curso de 40 horas presenciais (10 sesións de 4h).
Do 3 de marzo ao 12 de maio.
– Todos os mércores de 16h a 20h, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
– A cota de inscrición é de 100 €(presencial) e 80€(online).                                                                  – Na modalidade online, poderase asistir ás conferencias en directo ou en diferido, pero non habrá posibilidade de asistir ás sesións das dinámicas de grupos
– O curso está destinado preferentemente a activistas, persoal técnico e voluntariado de organizacións sociais, estudantes e profesionais da comunicación, profesorado, profesionais e estudantes dos medios de comunicación.
– O alumnado que entregue un traballo individual e outro grupal, optará a unhas prácticas de 10 días en Marrocos con todos os gastos cubertos.

Resumo das sesións

Xornada 1| Introdución e Radio Comunitaria | Presencial
Introdución do seminario e primeira sesión sobre radio comunitaria con Juan de Sola (xornalista en Onda Cero), quen conectará a través de Skype con varias radios comunitarias de Latinoamérica.

 Xornada 2 | MMCC e Afrodescendencia | Online A cargo de Lucía Mbomío, xornalista en TVE, escritora e activista afro. Na súa ponencia, analiza o tratamento histórico dos medios de comunicación a comunidade afro. Dende o anuncio do ColaCao as series actuais de Netflix.

 Xornada 3 | A Cooperación ao Desenvolvemento | Presencial
Esta sesión divídese nunha charla a cargo de Alejandro Quiñoá (delegado de ACPP en Galicia e presidente da Coordinadora Galega de ONG’s)e unha dinámica de grupo despois do visionado do documental “En Deuda con Todas” sobre a penalización do aborto en El Salvador.

 Xornada 4 | Xornalismo e Dereitos Humanos | Presencial
A cargo de Gabriela Sánchez Iglesias, responsable da sección de Dereitos Humanos no eldiario.es: DESALAMBRE.

 Xornada 5 | Audiovisual Comprometido | Presencial
Rocío Cadahía e Antonio Grunfeld nos falarán das posibilidades do audiovisual aplicado a comunicación social. Documental, reportaxes de ONG’s, publicidade social con especial énfasis na importancia do guión e as distintas maneiras de sacar proxectos audiovisuais adiante.

 Xornada 6 | Ecofeminismo e Discurso do Odio | Presencial
Primeira sesión cunha charla a cargo de Llerena Perozo, editora e comunicadora especializada en xénero e dinámica de grupo na segunda sesión, coa ONG Ecos Do Sur, sobre como combatir o discurso do odio.

 Xornada 7 | Experiencias de cooperación en terreo | Online
Xornada dividida entre a ponencia de Laura Feal, xornalista no El Pais e consultora en xestión de proxectos ao desenvolvemento e  unha mesa redonda con distintxs profesionais do sector da cooperación con experiencia en terreo.

 Xornada 8 | Divulgación ambiental | Online
Tendremos con nos a Luis Miguel Domínguez, naturalista, activista medioambiental e director de documentais de natureza e de programas de televisión, como El Escarabajo Verde de TVE.

 Xornada 9 | Fotografía Social | Online
Dous enfoques da fotografía social a través de Anna Suriyach, editora da revista 5W, e Mingo Venero, fotógrafo documental especializado en Dereitos Humanos.

 Xornada 10 | Vídeo Participativo | Presencial
Roi Guitían descúbrenos nesta sesión a ferramenta do Vídeo Participativo: unha metodoloxía para utilizar o audiovisual para traballar con colectivos en risco.

O Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional é unha actividade do proxecto Escolas Sen Racismo financiado pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega.