Estreamos hoxe na rede o documental Si ka badu, ka ta biradu, aproveitando estas datas, “que moitas familias viven atravesadas pola distancia”, para compartir esta peza sobre a importancia que ten o traballo das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago. |
A peza, que parte dunha investigación desenvolvida polo Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da UDC, pode proxectarse tamén libremente en público. Contactade con nós para obter máis información e recursos.