Esta tarde inaugurouse na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a oitava edición do seminario “Xornalismo Social e Cooperación Internacional” organizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e pola Asamblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Esta formación, enmarcada dentro de proxecto Escolas sen Racismo, busca sentar, en estudantes e profesionais da comunicación, as bases da cooperación e a comunicación para o desenvolvemento, das boas prácticas informativas e ensinarlles a elaborar discursos alternativos en torno aos países do Sur. Esta edición colleitou unha cifra récord de persoas inscritas, con 27 profesionais e estudantes de xornalismo interesadas e interesados en coñecer outras maneiras de exercer a profesión.

Tras un acto de inauguración no que participaron José Ramón Pousa, decano da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, Lorena Seijo, coordinadora de Agareso, Alejandro Quiñoá, delegado de ACPP-Galicia, Antonio Grunfeld, organizador do seminario e Pablo Santiago, alumno da pasada edición, deu comenzo a primera ponencia deste ano. Juan de Sola Vollbrecht, xornalista especializado en Dereitos Humanos, Solidaridade, Cooperación e Comunicación para o Desenvolvemento e actual presidente de Agareso, acercou aos alumnos e alumnas ao mundo das radios comunitarias, tanto a través da súa experiencia persoal, como realizando unha serie de videoconferencias con diferentes traballadores e traballadoras de radios comunitarias latinoamericanas.

Esta edición consta de 10 sesións que se celebrarán cada mércores ata o día 16 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e por elas pasarán poñentes como Nacho Carretero, autor de Fariña, Lucía Mbomío, periodista e unha deas principais voces do activismo africano, ou os fotógrafos Pepe Lamarca e Mingo Venero, ademais dos representantes de diferentes organizacións do terceiro sector galego.