Abrimos o prazo de inscrición para o IX Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional que levaremos a cabo na Facultade de CC. da Comunicación da USC todos os mércores, entre o 20 de febreiro e o 30 de abril, de 16h a 20h.

Ao longo das próximas semanas, coñeceremos distintas facetas da comunicación para o cambio social (radio comunitaria, fotografía, documental, etc.) a través de persoas expertas na materia e trataremos temáticas transversais como o feminismo, a cooperación internacional ou os dereitos humanos. Para facelo, contaremos entre outr@s con Antonio Pampliega (xornalista especializado en zonas de conflito) ou Pepe Lamarca (fotógrafo arxentino).

Como sempre, dúas das persoas participantes poderán facer unhas prácticas en Marrocos ao final do Seminario. E se como noutros anos aumenta o número de persoas matriculadas aumentaremos o número a tres. A estancia en Marrocos implica unha práctica en terreno de 10 días para a realización dun documental e o coñecemento da realidade da loita polo cumprimento nos dereitos humanos.
O prazo de inscripción remata o mércores 20 de febreiro e as persoas interesadas poden escribir a escolasenracismo@agareso.org ou contactar no número 626 41 95 02.
Agradecémosvos a axuda coa difusión!