Onte publicouse no Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos, Acordos Colectivos de Traballo e Plans de Igualdade (Regcon) o primeiro Plan de Igualdade de Agareso. Podedes consultalo, tamén, na sección de Transparencia da nosa web. Tanto en galego como en castelán.

Aínda que non existía obriga legal de facelo, a asamblea da entidade considerou urxente e necesario facer o exercicio de revisión interna en materia de igualdade. O proceso foi arduo pero tamén moi enriquecedor. Especialmente, grazas ao soporte técnico da Federación Mujeres Progresistas e ao apoio e implicación das representantes de CIG, Comisións Obreiras e UGT.
Queda agora por diante un novo camiño de cumprimento dos compromisos asumidos e de rendición de contas interna e externa que se estenderá ao longo dos próximos catro anos.