Xa temos os nomes confirmados dxs relatorxs que conformarán o XIII Seminario de Comunicación Social, que terá lugar todos os mércores desde o 1 de marzo até o 10 de maio, na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

Resumo das sesións do curso 2023 (datas e orde das sesións aínda por confirmar)

Xornada 1| Introdución e Radio Comunitaria | Presencial
Introdución do seminario e primeira sesión sobre radio comunitaria con Juan de Sola (xornalista en Onda Cero), quen conectará a través de Skype con varias radios comunitarias de Latinoamérica.

Xornada 2 | Fotografía Social | Online
Penetrámonos no mundo do fotoxornalismo a través da mirada de Anna Surinyach, fotógrafa e editora da revista 5W.

Xornada 3 | Medios de comunicación e Afrodescendencia | Online
A cargo de Lucía Mbomío, xornalista en TVE, escritora e activista afro. No seu relatorio, analiza o tratamento histórico dos medios de comunicación á comunidade afro. Desde o anuncio do ColaCao até as series actuais de Netflix.

Xornada 4 | A Cooperación ao Desenvolvemento| Presencial
A primeira parte da sesión é a cargo de Alejandro Quiñoá (delegado de ACPP en Galicia e presidente da Coordinadora Galega de ONG’s). A segunda sesión é unha dinámica de grupo a través do xogo de mesa: “En busca do desenvolvemento”.

Xornada 5 | Feminismo e Xitanofobia | Presencial
Primeira sesión sobre feminismo, a cargo de Llerena Perozo,, editora especializada en xénero. E segunda sesión centrada na xitanofobia nos medios de comunicación, a través da Fundación Secretariado Xitano.

Xornada 6 | Xornalismo en África | Presencial
A cargo de Pepe Naranjo, colaborador do EL PAÍS en África occidental.

Xornada 7 | Vídeo Participativo e LGTBIQ+ | Presencial
Roi Guitían descóbrenos na primeira sesión o Vídeo Participativo: unha ferramenta para utilizar o audiovisual para traballar con colectivos en risco. A segunda sesión é a cargo de Gael Martins, que profunda sobre feminismos queer.

Xornada 8 | Comunicación en Terreo e Artivismo | Online
Xornada dividida entre o relatorio de Laura Feal, xornalista colaboradora no El País e consultora en xestión de proxectos ao desenvolvemento e Mamadou Día, artivista e director da ONG Hahatay Sonrisas de Gandiol.

Xornada 9 | Comunicación ambiental | Presencial
Teremos con nosotrxs ás compañeiras de Amigos da Terra para falar de comunicación e sustentabilidade ambiental.

Xornada 10 | Audiovisual Comprometido | Presencial
Sesión a cargo de Antonio Grunfeld, director de documentais e cooperante, e Olmo Couto, director de fotografía residente no Kurdistán sirio.

As inscricións poderanse realizar até o 20 de febreiro, escribindo ao correo antonio@agareso.org.

O Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional é unha actividade do proxecto Xeración Contrainfo financiado pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega.