Redeiras 2021

Redeiras 2021

No 2021, o grupo de voluntariado Redeiras afondou en diversas temáticas, xerando contidos específicos para comunicar sobre elas a través de diversos formatos. A continuación, preséntanse as pezas realizadas polo equipo divididas por temáticas:

Temáticas

DEREITOS DO COLECTIVO TRANS

por Andrés Vázquez

Coas mulleres trans empobrecidas e sen recursos educativos que lles permitan ser contratadas nalgún posto de traballo, ademais de cheas de medos por viviren soas e na rúa, exercendo a prostitución, expostas a violacións e asasinatos, os proxenetas téñeno demasiado sinxelo para lograr enganar máis dunha rapaza subíndoa a un avión e prometéndolle unha vida estable e tranquila na civilizada Europa a cambio dunha débeda, segundo lles din, sen importancia. Tal e como relata Antonio Salas naquel célebre “O ano que trafiquei con mulleres”, cando os voos van aterrando nas terminais europeas, as mulleres comezan a vivir o mesmo pesadelo que nos seus países de orixe, so que cunha débeda pendente que nunca remata e producindo ingresos para un traxeado empresario de ben.

Consulta aquí a REPORTAXE.

por Marta González e Óscar Vázquez

Arxentina aprobou en 2012 a “Lei de Identidade de Xénero”, a primeira no mundo en despatoloxizar a transexualidade. Afondamos nesta lei da man de Joel Sotomayor, activista trans en Arxentina, para coñecer que supuxo esta normativa para o colectivo e que podería supoñer para España se se aprobase o borrador proposto. 

por Marta González e Óscar Vázquez

Que dereitos recolle o “famoso” borrador da Lei Trans? Que supón para o colectivo esta proposta?

DEREITO Á VIVENDA

por Uxía Pérez Fieiras

A saúde mental ocupa hoxe titulares, discursos políticos e conversas nas que antes vivía silenciado. Que irónico levar un tabú á fama e facer da fama un tabú. Se algo se pode salientar de todas estas realidades que saíron a relucir nestes últimos meses – aínda con escasas pinceladas de verdade e máis de populismo-  é que a atención á saúde mental, unha das contas pendentes máis fortes do noso estado, é tamén un privilexio de clase. No seu paso pola “fama” a saúde mental pon en evidencia as profundas desigualdades que fican no noso sistema e sofre a nosa sociedade. En relación á atención sanitaria á saúde mental no senfogarismo existen discursos ben diferenciados. Resulta ilóxico, moitas veces cínico, que tantos corazóns doian e tantos outros decidan ignorar isto dende un metafórico “corazóns que non ven”.

Consulta AQUÍ este segundo capítulo Corazóns que non ven da reportaxe: A saúde mental nas persoas sen fogar como factor de exclusión social

por Uxía Pérez Fieiras

A chegada dunha pandemia mundial puxo de manifesto unha gran cantidade de problemas sociais que, nos “días de antes”, nesa “normalidade” que coñeciamos, non eran aparentes, ou, mais ben, non queriamos ver. Pensabamos que España non era un país que castigase os dereitos das persoas, quizais porque nunca os nosos dereitos e liberdades viramos vulneradas. Porén, mentres o artigo 25.1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e o 47 da Constitución Española defenden o dereito de tódalas persoas a desfrutar dunha vivenda digna e adecuada, debendo ser estas condicións promovidas polos poderes públicos, preguntámonos: cúmprense estes principios básicos? Que sucede cando non coñecemos os nosos dereitos? E cando non podemos reivindicalos?

Consulta AQUÍ este primeiro capítulo Ollos que non senten da reportaxe: A saúde mental nas persoas sen fogar como factor de exclusión social

por María Aneiros e Susana Maceiras

Os fondos voitre son organización económicas de capital risco. Mercan títulos de débeda a empresas con escasa solvencia ou a Estados ao borde da bancarrota agardando que se revaloricen para poder vendelos. Dito doutra maneira, buscan mercar barato e vender caro.

Chegaron pisando forte a España durante a crise de 2008 mercando masivamente fondos hipotecarios. Mercan a débeda aos bancos e para recuperar a totalidade da inversión, presionan ao debedor.

Queres saber máis sobre os fondos voitre? Fai click no vídeo.

por Laura L. Valdés

Cuando escuches hablar de Cuba pon toda tu atención porque seguramente sea una buena historia. Pero no creas todo lo que cuentan. Mil versiones de un país fragmentado entre los que se fueron y los que se quedaron conducen a una realidad zigzagueante de mitos, falsas verdades. Mi opinión también está polarizada. Las anécdotas de mi abuelo fueron el primer abono para aferrarme a la Cuba que hoy conozco. “Como la revolución, nada”, me repetía hasta el cansancio; y yo me perdía en el escenario distópico de su niñez amarga. 

(…)

Consulta AQUÍ a crónica completa.

 

MAIORES

por Andrés Vázquez

As residencias de maiores estiveron baixo o foco mediático, por desgraza, durante estes últimos meses por mor da pandemia. Datos e máis datos de falecementos e ingresos hospitalarios colapsaban cada día as páxinas dos xornais.

As mulleres traballadoras da residencias, moitas veces criminalizadas, pasaron os seus peores meses ao carón dos nosos maiores, nunha burbulla que as aprisionaba entre a responsabilidade e o medo ao que puidese pasar. Ademais do que calquera sufriu durante estes meses, elas tiveron que facer fronte a un clima de traballo irrespirable nas residencias concertadas, sen capacidade para atender e velar polas necesidades das persoas usuarias ao carecer de medios materiais e humanos. Sen elas o desastre tería sido mesmo maior, pero coa súa valía e esforzo, coa súa empatía polo residente, foron quen de resistir a pesares das súas empresas contratantes e seguir realizando a súa función e vocación:

“facer digna a vida do usuario, acompañalo, respectalo e coidalo”.

Consulta AQUÍ a reportaxe completa.

 

En que traballou o equipo no 2022?

Share This