Radio comunitaria en Ancares

Radio comunitaria en Ancares

Agareso busca que Os Ancares sexa contado desde dentro! Para iso, poñemos en marcha un proxecto de radio comunitaria dirixido a dez persoas residentes na zona. As xuntanzas desenvolveranse todos os sábados de xullo en San Román de Cervantes en horario de mañá. O obxectivo é elaborar un programa cuxos contenidos sexan decididos, elaborados e difundidos integramente pola veciñanza.

Deste xeito, achegarémonos ao potencial da radio como ferramenta para o cambio social, algo que Agareso coñece desde fai anos polo seu traballo en centros educativos de toda Galicia e en proxectos de cooperación en Guatemala, O Salvador ou República Dominicana. 

Alí probou a súa eficacia para mellorar a participación e a comunicación de comunidades afectadas polas máis diversas vulnerabilidades.

A radio adáptase a todo tipo de idades, niveis educativos e dificultades funcionais, condicións que a converten nunha aliada na loita polos dereitos humanos, nunha promotora da cohesión social e nunha catalizadora das demandas locais. Identificar oportunidades e atopar solucións innovadoras a situacións problemáticas compartidas, como poden ser o illamento, o baleiro de servizos ou a perda de poboación, son algunhas das accións que esperamos conseguir nos Ancares.

Este é un proxecto financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do IRPF.

Programas

Programa creado por los vecinos y vecinas de Ancares, fruto del proyecto de Radio Comunitaria llevado a cabo por la ONG Agareso en Cervantes en julio de 2021. Este programa quiere ensalzar valores presentes en los hogares del monte, donde la hospitalidad, la lucha y el compromiso siempre están presentes.

Share This