Dende Agareso, ofrecemos unha formación práctica gratuíta, de 8h homologables, para traballar a Loita contra o discurso do odio nas aulas. Será o 22 de abril na EGAP, en Compostela e só hai 25 prazas dispoñibles. As persoas interesadas, poden reservar xa a súa praza neste sinxelo formulario.

  • Descubriremos a existencia dun nivel elevado de racismo e machismo entre o alumnado de Secundaria
  • Coñeceremos a contranarrativa ofrecida polos colectivos vitimizados
  • Poremos en práctica diversos recursos pedagóxicos para traballar a diversidade co noso alumnado, empregando ferramentas de comunicación como o audiovisual ou a memética.
  • Achegarémonos a varios exemplos de boas prácticas, partindo das unidades didácticas do proxecto Xeración Contrainfo
  • Concluiremos cunha práctica grupal na que integraremos a lectura crítica e as contranarrativas na aula para a educación en valores, a acción titorial e a atención á diversidade.

Contamos coa vosa presenza e agradecémosvos que difundades esta información entre os vosos contactos. Se tedes algunha dúbida, contactade con organizacion@agareso.org