Podcast

Podcast

Ferramenta: radio online

Tempo: Mínimo 8 horas de formación

Sesións: Idealmente 2 horas por sesión

Colectivo meta: nenos e nenas de primaria e ESO, colectivos vulnerables e profesorado.

Se es unha entidade do campo social, un centro educativo, un centro cultural… e queres que deseñemos para ti este tipo de talleres contacta con coordinación@agareso.org para pedir orzamento.

A radio dixital é unha ferramenta súper útil para promover a reflexión, para a creación de grupo e para fomentar a conciencia crítica entre todo tipo de colectivos. É unha das ferramentas de comunicación máis versátil porque é barata, pode ser levada a cabo de maneira autónoma en case calquera espazo e ser compartida por diferentes medios de comunicación.

Como exemplo de resultados podedes consultar estes tres podcast nos que traballamos temas como xénero, medio ambiente e ddhh:

Share This