Desigualdade Global. Xornadas en Pontevedra 2016

Desigualdade Global. Xornadas en Pontevedra 2016

Do 6 ao 11 de xuño de 2016 o Concello de Pontevedra acolleu unha gran diversidade de actividades que convidaron á cidadanía para reflexionar sobre a Cooperación Internacional e a necesidade de loitar contra a desigualdade a nivel global. As actividades foron deseñadas polas ONGD galegas Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e Asemblea de Cooperación pola Paz co obxectivo de poñer en valor a Cooperación como ferramenta de transformación social a nivel mundial.
Para iso programouse unha batería de 25 actividades para todas as idades que de luns a sábado foron promovendo esta reflexión conxunta a través de talleres lúdicos, proxeccións de documentais, debates, charlas, actividades de rúa, exposicións fotográficas, concertos… En definitiva unha serie de espazos de convivencia nos que a poboación puido coñecer de primeira man as problemáticas sociais que aborda a cooperación internacional e os efectos positivos da mesma.
Os espazos escollidos para a realización das actividades foron A Casa dá Luz, o Pazo dá Cultura, a Facultade de Ciencias Sociais e as rúas da zona vella.

Podes consultar o Programa completo das xornadas ou ver o vídeo realizado sobre os refuxiados a partir das opinións recollidas durante as xornadas

 

Share This