II Mostra de Cinema Rabudo

II Mostra de Cinema Rabudo

CINEMA RABUDO
2ª Mostra Galega de Audiovisual Inconformista

Ano: 2022

Entidades financiadoras: Deputación da Coruña (5000€).

O Fórum Metropolitano da Coruña acollerá os días 1, 2 e 3 de decembro a segunda edición de Cinema Rabudo, a mostra galega de audiovisual inconformista que naceu no outono de 2021 co obxectivo de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade.

Na súa segunda edición, o Cinema Rabudo mantén a aposta por proxectar documentais sociais, pero de alta factura técnica. Feminismos, migracións e refuxio ou a situacion do Sáhara occidental  son algúns dos temas que se tratan nas cinco pezas que se proxectarán a primeira semana de decembro no Forum Metropolitano da Coruña.

A Mostra,  ademais da proxección dos filmes, tamén contará coa participación presencial da maioría das autoras e autores das obras, con quen o público terá a oportunidade de charlar ao rematar as pezas.

 

 

PROGRAMA

Xoves 1 ás 20h

Limbo, la promesa olvidada

2020 | 51’ | España

Pódese dicir que o Sahara Occidental é un limbo: é o maior territorio do planeta aínda por descolonizar, actualmente baixo ocupación marroquí desde 1975 e en eterna espera irresuelta da súa autodeterminación. Nesta película coñeceremos a historia de opresión e resistencia do pobo saharaui, pero tamén a súa beleza e a súa riqueza desde a poesía visual, os sons que evocan ao Sahara e o relato xeracional dos protagonistas desta historia. Un proxecto impulsado polas organizacións andaluzas Nomadocs e Sahara Acción Selecta que pretende visibilizar un testemuño esquecido e silenciado.

Habrá coloquio posterior co director Antonio Rodrigo.

Venres 2, ás 20h

Nación

2020 | 92’ | España
Margarita Ledo Andión

A fábrica de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera da sentencia sobre a reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical. Nieves, Ester, Manuel, Carmen P. e Carmen A., manteñen viva a reivindicación dos dereitos da muller na España do século XX. A historia das súas vidas desenrólase en presenza da esfinxe: reclama a memoria das operarias do téxtil, a louza e a conserva e anuncia voces e arquivos que engarzan tempos e corpos diferentes. Traballar sen cobrar? Iso nin falar.

Coloquio posterior coa directora Margarita Ledo.

Sábado 3 ás 17:30h

Las Desheredadas

2022 | 19’ | España
Antonio Grunfeld

Cada ano miles de mulleres chegan a España a traballar os campos de cultivo de Huelva. Temporeras de orixe marroquí contratadas baixo a Orde Gecco, a través do Goberno de España, que sofren constantes abusos laborais e sexuais. Esta violación dos dereitos humanos, dabondo coñecida, repítese ano a ano con total impunidade. Nesta perfecta engrenaxe o empresario goza de total liberdade para ter ás súas traballadoras semi-illadas en condicións dificilmente soportables; converténdoas en vítimas do sistema, desherdadas da súa terra, desamparadas en España.

Haberá coloquio posterior co equipo do documental.

Si ka badu, ka ta biradu

2022 | 55’ | España
Sonia Díaz e Óscar Vázquez

Si ka badu ka ta biradu retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria. Catro xeracións de mulleres contan as súas historias de vida neste documental social que parte dunha investigación académica e, ao facelo, trazan un fiel retrato da división sexual e da organización transnacional dos coidados. Vémolas cociñar, limpar, atender maiores e crianzas tanto nas súas localidades de orixe como na sociedade de destino, a galega, e comprendemos o impacto que ten nas súas vidas ese desigual reparto do peso dos coidados. Son elas tamén as que organizan o tráfico dos afectos, as chamadas, as remesas e as encomendas. As que aforran para un futuro de ensoño no que poder descansar despois de tantos traballos. En Burela ou en Caboverde. Porque foron, poden volver.

Haberá coloquio posterior co equipo do documental.

Sábado 3 ás 20h

El Retorno: la vida después del ISIS.

2021 | 90’ | España/Reino Unido
Alba Sotorra

Tras o seu aclamado documental Comandante Arian: unha historia de mulleres, guerra e liberdade, Alba Sotorra regresa ao Kurdistán para seguir a un grupo de mulleres occidentais atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. A británica Shamima Begum deixou o Reino Unido con só quince anos. A americana Hoda Muthana emigrou a Siria mentres incitaba aos seus seguidores de Twitter a seguir o seu camiño ou a cometer atentados nos EEUU. A súa partida encheu titulares de todo o mundo; agora, a súa loita polo retorno volveu a invadilos. Demonizadas polos medios de comunicación de todo o mundo, contan os seus desgarradoras historias por primeira vez neste documental de acceso único.

Coloquio posterior con Olmo Couto, fotoxornalista especializado en Siria.

Descargas

FOTOS

VÍDEOS

AUDIOS

NOTAS DE PRENSA

Share This