RecThink
RecThink

Data: 2015
Persoas beneficiarias: Xuventude do rural galego
Parcerias: organizaciones xuvenís
Socios: YUPI, Solidarités Jeunesses, Mine Vaganti, Contextos
Orzamento: 97655 €
Principal Financiador: Comisión Europea, programa Erasmus+
Visita a web do noso proxecto para saber más sobre as actividades realizadas
Unha parte relevante das zonas rurais en Europa están a vivir un forte proceso de despoboamento que vai acompañado dun progresivo envellecemento da poboación, en zonas do rural de países como os dos socios participantes. Estes fenómenos teñen consecuencias negativas tanto para o desenvolvemento persoal dos mozos como para o conxunto da zona e para a súa perspectiva económica e social.
O proxecto RecThink é un proxecto desenvolto por Agareso, como líder, xunto a outras organizacións europeas, e que se encadra dentro do Programa Erasmus Plus. Este programa ten como obxecto a capacitación entre organizacións dentro do territorio europeo a través do intercambio de coñecemento. Así, Agareso coordinou xunto a Contextos (Galicia), YUPI- Youth Unios of Peole with Iniciative (Portugal), Solidarités Jeunesses (Francia) e Mine Vaganti (Italia), este proxecto que usa como ferramenta o video participativo e como poboación beneficiaria os xoves de zonas rurais ailladas.
Dentro do RecThink, Agareso foi a encargada de desenvolver tanto as accións formativas como as guías didácticas para facilitar a transferencia desta ferramenta no traballo con rapaces. O seu papel de coordinador supón asemade que é o encargado da celebración, xa no ano 2016 do evento multiplicador que serviu para difundir os resultados do proxecto e que tivo lugar en Pontevedra, por ser sede da organización.
Máis información: https://www.agareso.org/gl/recthink-o-video-participativo-como-ferramenta-de-expresion-colectiva/
