Radio Escolar como ferramenta de cambio social
Radio escolar como ferramenta de cambio social

Radio Escolar como ferramenta de Cambio social é un proxecto de Agareso financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do IRPF. Busca elaborar un programa completo que permita darlle aos centros educativos e ao alumnado en particular, ferramentas para loitar contra o discurso do odio a través da radio.
Este foi un proxecto que no curso 21/22 se levou a cabo no IES Rafael Dieste da Coruña, onde o alumnado de 4º da ESO participou en dúas xornadas de obradoiros de 100 minutos cada unha. Neste caso os talleres centráronse en saber identificar e combater o discurso do odio cara o colectivo LGTBI+. As persoas participantes no obradoiro sumerxíronse primeiro en certos conceptos teóricos e tiveron oco despois para poñelos en práctica. Durante os talleres aprenderon tamén a empregar as ferramentas da radio e a familiarizarse co medio. Ao final, fixeron o seu propio podcast, no que cada clase tivo a oportunidade de facerlle unha entrevista a unha persoa activista a prol do colectivo LGTBI+.
Dentro deste proxecto, tamén se inclúen obradoiros co profesorado, para darlles as ferramentas para facer formación continua nos centros contra o discurso do odio. Ademais, tamén se realizou unha guía didáctica para facilitar este cometido.


