Comunicar en igualdade

Comunicar en igualdade

Ámbito territorial: Galicia

Data: 2019

Persoas beneficiarias: Profesorado de Educación Primaria, Secundaria e FP

Parcerías: Centro Antonómico de Formación para o Profesorado

Financiador: Xunta de Galicia

Orzamentos 

2019: 

No ano 2019, en Agareso comezamos a traballar coa Consellería de Educación a través do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), cunha formación semi-presencial dirixida ao profesorado galego. Baixo o nome “Comunicar en Igualdade”, desenvolvemos unha formación sobre educomunicación con perspectiva de xénero, co obxectivo de compartir ferramentas, contidos e metodoloxías para traballar a igualdade de xénero nas aulas. Así, poñendo o til sobre a alfabetización mediática e a educación para a cidadanía global, estes cursos buscan achegar estratexias para formar ao alumnado como público, con capacidade crítica e autonomía para comprender a información recibido, como para formalo en produción de mensaxes pola participación activa e responsable.

Ademais de traballar con produtos comunicativos diversos (fotografía, vídeo, radio, cartelería, redes), cada docente elabora unha práctica educativa que debe poder aplicar no seu contexto profesional. O intercambio de propostas, xunto co traballo en grupo durante as sesións presenciais e o feedback recibido ao rematar as formacións, apoian a nosa labor no eido da educación para a cidadanía global e da educomunicación.

Este curso realizouse en dúas fases, de xaneiro a marzo a primeira en cinco centros de formación e de outubro a decembro do 2019 a segunda, noutros tres centro ao longo da rede de CFR (Centros de Formación e Recursos) en Ourense, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ferrol, máis na sede central en Santiago de Compostela. Durante a primeira edición, foi unha formación de 50 horas, desenvolvidas en colaboración con outros equipos (Sonia Fernández Casal, Towanda Rebels e máis Marta Pérez e Marta Rodríguez da USC), para un total de 54 docentes. No curso 2019-2020, a formación foi deseñada e implementada integramente por Agareso, nun total de 30 horas para un total de 35 docentes do ensino galego.

Share This