Guatemala: o concepto de comunidade

Guatemala: o concepto de comunidade

Ámbito Territorial: Guatemala

Ano: 2017-2019

ONGDs: AGARESO e ASF

Financiador: Concello de Santiago e Xunta de Galicia

Orzamentos:

2017: 9009€

2018: 9000€

2019: 5754€

 

Arquitecturas Sen Fronteiras Galicia e Agareso comezaron o seu traballo conxunto en 2016 deseñando posibles propostas de comunicación que puxeran en valor o traballo comunitario que desde hai 10 anos a ONGD ven realizando no departamento de Retalhuleu en Guatemala. Esta posta en valor tiña tres obxectivos: empoderamento das comunidades indíxenas que loitan polo seu desenvolvemento, traslado das metodoloxías de traballo comunitario a outras entidades e proxectos, e a incidencia política sobre o cumprimento de dereitos básicos universais como a vivenda, a educación e a cultura. 

A primeira acción conxunta chegou en novembro de 2017, cando tres integrantes de Agareso desprazáronse ata a costa sur de Guatemala  para rodar o documental “Derecho a un techito” que centra a súa atención no dereito a vivenda e no porque da situación de infravivenda que viven o país, sobre todo nas zonas rurais, contextualizando unha realidade complexa e defendendo a vivenda como un dereito humano.

No 2018, outros tres integrantes de Agareso acudiron de novo ao chamado de ASF para abordar outra liña de acción imprescindible para o desenvolvemento dos pobos: a educación. Non só desde a propia dotación de infraestrutura digna para poder recibir formación, senón desde o sentido mesmo de comunidade que implica a educación dos nosos nenos e nenas, e o enfoque intercultural que amerita nun país con máis de 23 linguas orixinarias. Desta colaboración naceu “La Escuelita del Manchón”.

  

Tras estas dúas experiencias, que permitiron trasladar á España as aprendizaxes deste proxecto, e promover a implantación destas metodoloxías de traballo comunitario noutras zonas e proxectos, amplíamos a nosa coloboración con ASF co fortalecemento da radio comunitaria indíxena que a socia local ASIAPRODI xestiona en Retalhuleu a través de formación aos mozos e mozas da comunidade.

Share This