Cooperación na República Dominicana
Cooperación na República Dominicana
Ámbito territorial: República Dominicana
Datas: 2017- á actualidade
Persoas beneficiarias: Mozas e mozas en risco de exclusión
Parcerias: Instituto de Acción Comunitaria (IDAC)
Socio: Asamblea de Cooperación pola Paz
Financiador principal: Xunta de Galicia
Orzamento:
2019: 238.253€
2018: 234.885 €
2017: 178.804 €
Este proxecto ten tres eixos fundamentais. O primeiro é o de garantir o acceso a unha vivenda digna e saudable, en segundo lugar, fortalecer as capacidades, tanto formativas como de equipamentos, do sistema comunitario dos bateyes La Balsa, Cubana e Olivares en temas de saúde comunitaria, prevención da violencia contras as mulleres e dereitos sexuais e reprodutivos e, en terceiro lugar, promover unha cultura da igualdade e equidade de xénero.
Dentro deste proxecto desenvolvemos obradoiros audiovisuais participativos nos centros educativos, promovemos campañas de comunicación participativas dentro do batey, formamos e xeramos programas de radio comunitaria no Centro Tecnolóxico de Ramón Santana e creamos produtos de comunicación específicos para sensibilizar dentro da República Dominicana.
