Comunicando comunidades

Comunicando comunidades

GÁmbito territorial: El Salvador

Data: 2013

Persoas beneficiarias: Homes, mulleres, mozas e mozos de comunidades desplazadas polo conflito armado

Parcerías: Fundación Cordes, Radio Tehuacán

Principal Financiador: Fondo Galego de Cooperación

Orzamento: 38306 €

 

Agareso realizou non 2014 o proxecto Comunicando Comunidades, financiado polo Fondo Galego de Cooperación, para previr e reducir a vulnerabilidade perante o risco de inundacións en comunidades e centros escolares dos municipios de Tecoluca e Zacatecoluca (El Salvador) a través da mitigación, sensibilización e educación ambiental.

Os resultados e contidos desta formación amplificáronse mediante a emisión de programas específicos de prevención na radio comunitaria Radio Tehuacán.

Ademais das capacitacións impartidas pola ONGD local Cordes, entregáronse materiais de prevención aos comités de protección civil e aos centros educativos, entre outras tarefas que culminaron coa gravación do documental sobre a participación comunitaria.

O proxecto complentouse co traslado do resultado do mesmo aos centros educativos galegos para promover o coñecemento entre comunidades de ambos países. 

Share This