Tras la Valla

Tras la Valla

Ano: 2019

Duración: 19:50 minutos

País: Marrocos e España

ONGDs: AGARESO e ACPP

Dirección: Antonio Gunfreld
Guión: Verónica Couto e Andrés Vázquez
Dirección de fotografía e edición: Franciso Rodríguez
Producción: Uxía Pérez
Financiaciamento: AEXCID, Cooperación Extremeña, Junta de Extremadura

 

Este audiovisual foi realizado polo alumnado do IX Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Social como parte da súa viaxe de prácticas ao norte de Marrocos no verán do 2019. Despois, como parte do proceso formativo, realizaron o proceso de guionización, edición e difusión do mesmo de forma autónoma, co apoio do coordinador do Seminario. O audiovisual presentouse en público e postulouse a festivais de cine social. 

“Son moi poucas as organizacións que traballan en terreo para asegurarse que estas persoas teñan garantidos os dereitos básicos” aseguran os seus guionistas, Verónica Couto e Andrés Vázquez. Os dous, xunto con Franciso Rodríguez -responsable da dirección de fotografía e máis da edición do documental- foi o alumnado seleccionado para completar en terreno a formación na pasada edición do Seminario de Comunicación social e Cooperación Internacional que organizamos cada ano a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) na Facultade de Comunicación da USC, dentro do proxecto Escolas sen Racismo.

Agradecemento especial as organizacións marroquís que loitan todos os días por defender os dereitos humanos, tanto dos seus compatriotas como das persoas que chegan ao seu país na procura dunha vida mellor en Europa. 

Share This