Soñalo en grande
Camiño á educación inclusiva en Guatemala
“Soñalo en Grande” é un documental que relata a historia das familias e dos profesionais da educación que loitan por promover a inclusión nas aulas de Champerico, Guatemala. Co apoio de ASF, ASIAPRODI e da Cooperación Internacional, embárcanse nunha viaxe transformadora para construír un Centro de Recursos para a Educación Inclusiva (CREI), onde a infancia convértese na verdadeira protagonista.
O documental retrata as dificultades e a determinación destas familias, que se unen para crear unha contorna educativa inclusiva onde os soños de cada neno e nena poidan facerse realidade. A construción do edificio e os preparativos da súa inauguración son a guía desta historia, mentres que nos achegamos á narración en primeira persoa sobre os desafíos que enfrontan, así como os logros e cambios positivos que se experimentan ao longo deste proceso.
“Soñalo en Grande” reivindica o valor do traballo en equipo, da igualdade de oportunidades e da educación inclusiva como dereito universal da infancia; é unha mensaxe de esperanza e cambio positivo, unha historia que defende o soño de cada neno e de cada nena para ser protagonista dun futuro cheo de posibilidades.
O traballo presentouse en Champerico, Guatemala en abril de 2023 e esta en aberto na canle de Youtube de Arquitecturas Sin Fronteras. Entrementres, tamén está a circular por diferentes festivais de documentais. O obxectivo deste traballo é contribuir a visibilizar a importancia de apostar por unha educación inclusiva en todos os contextos. Se queredes axudarnos a difundir valores relacionados coa igualdade de oportunidades e a equidade no ensino podes organizar unha proxección pública na vosa localidade. Proxectar este documental non ten ningún custe económico, pero animámosvos a convidar a algunha das protagonistas ou a algunha das persoas do equipo técnico para que vos acompañen ese día.
Soñalo en Grande
Camiño á educación inclusiva en Guatemala
Ano: 2023 | Documental social | Duración: 30′ | Idiomas: Español | Formato: HD 1920×1080 Stereo
Sinopse: Noemí, Leslie Patricia, Dickson e Alma loitaron durante anos polo dereito á educación dos seus fillos, e percorreron cada recuncho de Champerico, en Guatemala, en busca de oportunidades para os nenos. “Soñalo en Grande” é a historia da súa loita pola inclusión e a igualdade, unha viaxe no que familias e profesionais da educación únense para superar os desafíos e construír un Centro de Recursos para a Educación Inclusiva (CREI), e promover, deste xeito, un cambio educativo que permita a cada neno e a cada nena soñar cun futuro cheo de posibilidades.
Descargas para difusión