Garantía de vida
Garantía de vida
Garantía de vida estréase o 11 de novembro de 2021 en Vigo, Galicia. O seu obxectivo é contribuír á incidencia política e social dos colectivos que loitan polos dereitos das mulleres dominicanas, polo que axiña estará dispoñible íntegro para visualización nesta mesma páxina.
Se queredes axudarnos a difundir as consecuencias da prohibición total do aborto na República Dominicana e organizar unha proxección pública na vosa localidade, non tedes máis que contactar con nós e explicarnos cando, onde e como queredes facelo. Proxectar este documental non ten ningún custe económico, pero se tedes algo de orzamento, animámosvos a convidar a algunha das protagonistas ou a algunha das persoas do equipo técnico para que vos acompañen ese día.
GARANTÍA DE VIDA
A loita pola despenalización do aborto en Dominicana
Ano: 2021 | Documental social | Duración: 44′ | Idioma: Español | Formato: HD 1920×1080 Stereo
Sinopse: Garantía de vida é un documental cun obxectivo social e político. En primeiro lugar, establece un contexto de República Dominicana en materia sexual e reprodutiva. En segundo, deixa claras as terribles consecuencias que sofren as mulleres dominicanas, especialmente as de menos recursos, por contar cunha lei que impide a interrución do embarazo baixo todos os supostos. Isto, sumado a unha nula educación sexual e reprodutiva fan que o país viva unha situación dramática. As vítimas ou as súas familias contan, a través da súa experiencia, cómo é vivir este drama en primeira persoa. En terceiro lugar, o documental segue de cerca a revolución dominicana, onde cada vez máis persoas reclaman leis que protexan a dignidade e a saúde de todas as mulleres.