En deuda con todas
En deuda con todas
Se queredes axudarnos a difundir as consecuencias da penalización do aborto en El Salvador e organizar unha proxección pública na túa localidade, non tedes máis que contactar con nós e explicarnos cando, onde e como queredes facelo. Proxectar este documental non ten ningún custe económico, pero se tedes algo de orzamento, animámosvos a convidar a algunha das protagonistas ou a algunha das persoas do equipo técnico para que vos acompañen ese día.
Unha historia sobre a penalización do aborto en El Salvador
Ano: 2019 | Documental social | Duración: 60’17” | Idioma: Español | Formato: HD 1920×1080 Stereo
Sinopse: En deuda con todas é un documental social cun obxectivo político: chamar a atención sobre a vulneración de dereitos que sofren as mulleres salvadoreñas e contribuír, así, á loita dos colectivos feministas que -dentro do país centroamericano- esixen unha lexislación que non vulnere os Dereitos Humanos da metade da poboación e que se garanta o acceso a unha saúde sexual e reprodutiva libre de prexuízos ideolóxicos. Especialmente, para as nenas e as adolescentes máis vulnerables. O relato sostéñeno as súas propias protagonistas, desde ambos os dous lados dos muros do cárcere, lembrándolle ao mundo que despenalizar o aborto cando a saúde da nai corre perigo é tamén unha loita pola vida.
Trailer: https://youtu.be/E9hjU9wgUxc
Descargas para prensa














