El derecho a un techito

El derecho a un techito

Ano: 2016

Duración: 25 minutos

País: Guatemala/ España

ONGDs: AGARESO e ASF

Sinopse: En vinte días Raúl e a súa familia durmirán baixo un teito por onde non pasa a choiva. Nin o medo. Un techito que protexerá a Raúl e aos seus fillos por primeira vez na súa vida da violencia, da enfermidade, e da inxustiza que atenaza aos máis pobres de Guatemala. Un techito que lles quite as penas e lles encha de forzas para esixir os seus dereitos.

 

“El derecho a un techito” é un documental rodado en Guatemala sobre o dereito a unha vivenda digna en colaboración con Arquitectura Sen Fronteiras e que mostra o traballo que esta ONG desenvolveu en Guatemala nos últimos oito anos sobre o dereito a unha vivenda digna.

En novembro de 2015 tres voluntarios da ONGD Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) desprazáronse ata a costa sur de Guatemala, onde opera ASF,  para rodar o documental “El derecho a un techito” que centra a súa atención non só no traballo de ASF e os seus socios no país, se non no porqué desta situación, contextualizando unha realidade complexa, e apoiando a idea da vivenda non como unha mercadoría, se non como un dereito.

Tanto este documental, como o traballo que realiza ASF en Guatemala, é posible grazas ás convocatorias de proxectos de Cooperación Internacional que financia a Xunta de Galicia anualmente cos impostos de todas e todos.

Share This