As outras voces de Israel e Palestina
As outras voces de Israel e Palestina
Duración: 25 minutos
País: Palestina, Israel e España
ONGDs: AGARESO e ACPP
Sinopse: No 1947, a ONU decidiu a partición de Palestina para crear o Estado de Israel. Dende entón sucederonse os enfrontamentos armados entre ambos pobos. Moitas persoas queren deixar atrás a violencia e facer fronte aos clichés, barreiras e muros. Son as outras voces, as voces de Israel e Palestina.
A través deste proxecto trátase de dar voz a aquelas organizacións sociais, especialmente as israelís, xa que son as máis descoñecidas, que traballan día tras día, facendo denuncia de situacións insostibles e violacións dos dereitos humanos que sofre a poboación palestina, e que fomentan o reencontro e a cooperación entre ambos pobos.
Son voces portadoras dunha esperanza para producir un cambio na opinión pública que permita un camiño sostible de paz.